top of page

O PSOE de Lalín denuncia agardas de máis de 10 días para unha cita médica no centro de saúde

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Alba Forno explica que a situación se arrastra desde xullo e agosto e que na actualidade só está traballando a metade do plantel de facultativos


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín denuncia que se están a producir listas de espera de máis dez días en atención primaria, tanto presenciais como telefónicas e que a sanidade lalinense está totalmente colapsada como consecuencia de anos de recortes da Xunta do Partido Popular. A secretaria xeral, Alba Forno, sinala que está situación se arrastra desde os meses de xullo e agosto “con saturacións e esperas inadmisibles para calquera veciño ou veciña cunha doenza”.

Alba Forno indica que actualmente só está a traballar no centro de saúde a metade do plantel de facultativos, o que provoca “unha falta de cobertura que é un grave problema, tanto para os usuarios como para os propios profesionais”. A socialista considera que esta situación é “límite” e que está obrigando a moitos veciños e veciñas a acudir a urxencias para recibir atención médica, cuestión que tamén provoca a saturación do PAC.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A concelleira explica que as agardas alcanzan nalgunhas ocasións os 15 días e que afectan en especial a persoas maiores que precisan receitas para medicamentos. “A falta de persoal sanitario na atención primaria lalinense é unha constante”, explica, “pero acrecéntase en verán por mor das vacacións, ante o inmobilismo do goberno galego e o silencio cómplice do alcalde Crespo”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Alba Forno entende que “o goberno local semella dar por válida esta situación, pois igual que fai coa falta de ambulancias mantense impasible e calado para non danar os intereses da Xunta”. “A realidade é que as políticas sanitarias do PP con anos e anos de recortes que derivan nunha histórica falta de recursos, chegan a pór en risco a vida da veciñanza. Así mesmo, o ambulatorio segue caendo, mentres o único que sabemos do CIS é que segue acumulando atrasos e que non hai data para a súa posta en funcionamento”, conclúe.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page