top of page

O PSOE de Lalín demanda que os terreos do centro de saúde sexan devoltos como foron entregados

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

"Se comeza este trámite, poderase dar comezo a un proxecto e evitaríase que esta zona se esmoreza", sinalan os socialistas


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín leva ao pleno de marzo unha moción para pedir a reversión dos terreos onde se ubica o actual centro de saúde. "Esta foi ademais unha promesa do goberno de Crespo, pero nestes catro anos de mandato non se lle coñece ningún movemento neste sentido".

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

O Concello e a Xunta, sinalan os socialistas, afirmaron que, tras os múltiples retardos da obra, o Centro Integrado de Saúde (CIS) estará en funcionamento a finais do presente ano. Por iso, dende a bancada socialista consideran que é preciso adiantarse aos tempos e dar comezo a reversión para evitar que, tras a saída dos servizos sanitarios do ambulatorio, esta rúa quede esmorecida. Ademais, solicitan que os terreos sexan devoltos como foron entregados, co derribo da edificación actual xa executado.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O grupo socialista de Lalín xa presentou a súa proposta para este espazo: "Nós consideramos que debería ser empregado para instalacións de benestar social. A nosa proposta é clara e abrangue espazos para a conciliación e unha Escola Infantil Municipal. Está o Manuel Rivero preto, de acceso fácil e céntrico, co cal entendemos que é o espazo axeitado para este fin", explican e conclúen que "despois de maio, se entramos a gobernar, xa poderíamos comezar co deseño deste proxecto se o Concello xa dispón dos terreos".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page