Indica que estas "non están dispoñibles na páxina
web e tampouco se pode tramitar a solicitude vía sede electrónica"
Ecos da Comarca /Lalín
O PSOE de Lalín cuestiona a transparencia nos campamentos de verán, "posto que as
bases dos mesmos non se encontran dispoñibles na páxina web. Hai unha gran falta de
información dispoñible na páxina web e que é de importancia para as familias que queren
solicitar este servizo”.
“O Goberno leva inmerso na campaña electoral dende principios de ano, ou xa dende o
pasado ano, e agora a veciñanza paga as consecuencias da súa ausencia de xestión”,
explican dende o grupo socialista. "O 4 de xuño anunciaron unha serie de campamentos
nas redes sociais e prensa e a inscrición abriuse o 5. Segundo indicaron na información
publicada nas redes sociais e en prensa, a solicitude podíase facer de maneira presencial
ou vía sede electrónica e que se completarán as prazas por rigurosa orde de entrada", explican.
“Como é posible que, tendo estas condicións, as familias non poidan solicitalo a través da
sede electrónica e só se poida facer asistindo de maneira presencial ao Concello?”,
preguntan dende o grupo socialista e tamén cuestionan “a quen favorecen estas bases,
porque numerosas familias non poden achegarse ata o Concello e nestes momentos xa
hai lista de agarda. Non pode ser que queden forma por non poder solicitalo en tempo e
forma”. Ademais, recalcan, que o anuncio foi dun día para o outro, polo que “aquelas persoas que non estivesen atentas as redes ou prensa xa non puideron facelo”.
Dende o PSOE de Lalín afirman que isto é “un escándalo” e que xa recibiron numerosas
queixas de familias que non poden achegarse ata a casa consistorial para facer os
trámites pertinentes, porque o horario laboral non llo permite. Tamén aluden a que nestes
momentos xa hai lista de agarda para os mesmos, polo que xa moitos nenos e nenas se
quedarán sen ningún campamento. “Non se pode xogar con algo tan sensible como a
conciliación familiar, porque é un servizo fundamental”.
Comments