"Trasladáronselle ao goberno local propostas concretas para mellorar as Aldeas de Nadal, como a avaliación da súa localización co fin de evitar a concentración de visitantes en espazos reducidos e favorecer un maior tránsito polas rúas do centro urbano", sinala
Ecos da Comarca/Lalín
Os socialistas de Lalín expresaron a súa sorpresa ante a recente visita do conselleiro de Emprego, José González, para enxalzar os beneficios das Aldeas de Nadal “sen presentar nin un só dato que avale as súas palabras”. O concelleiro, Anxo Álvarez, lembra que os balances deben realizarse ao final da campaña e basearse en datos contrastados “pois o contrario non é máis ca fume”.

O concelleiro explica que o desde a Xunta deberon de facer sentir moi incómodos aos membros do PP local cando presumiron do bono comercio, “unha medida que desde o Partido Popular de Lalín Crespo se nega a impulsar, a pesar de ser aprobado por unanimidade no pleno”. “Ao goberno local débelle dar moita vergoña permitir esta contradición e comprobar a súa nula implicación en medidas reais e cuantificables de apoio ao comercio local”.
Publicidade

Os socialistas "deixaron caer o evidente malestar da concelleira de Aldeas de Nadal, Karen
Fernández, quen nin sequera se atreveu a saír na foto porque cando o PP destina só 500 euros á promoción do comercio de proximidade, resulta ridículo tentar presumir de respaldo ao sector".
Anxo Ávalrez explica que desde o Partido Socialista trasladáronselle ao goberno local propostas concretas para mellorar as Aldeas de Nadal, como a avaliación da súa localización co fin de evitar a concentración de visitantes en espazos reducidos e favorecer un maior tránsito polas rúas do centro urbano. Estas medidas buscan beneficiar tanto aos comercios como aos propios cidadáns, agardando que sexan atendidas.
Por outra banda, o PSOE denuncia "a absoluta falta de planificación do goberno local, que
permitiu que coincidan as obras na rede eléctrica en múltiples rúas do centro coa campaña das Aldeas de Nadal. Esta situación está a afectar moi negativamente a unha parte do comercio local, como trasladaron desde o propio sector".
Publicidade
Finalmente, os socialistas ironizan coa falta de crítica dunha parte do goberno local, "que cando estaba na oposición organizaba manifestacións por cortes puntuais de tráfico para pintar uns pasos de peóns. Agora, con todo, parecen mirar cara a outro lado ante problemas moito máis graves que afectan directamente durante moitos días a veciños e comerciantes".
NOTICIA RELACIONADA:
A Xunta pon en valor as Aldeas de Nadal e os escaparates máxicos de Lalín para impulsar o comercio local: https://www.ecosdacomarca.com/post/a-xunta-pon-en-valor-as-aldeas-de-nadal-e-os-escaparates-m%C3%A1xicos-de-lal%C3%ADn-para-impulsar-o-comercio-l
Comentarios