top of page

O PSOE de Lalín critica ao goberno local de "falta de xestión, diálogo e planificación" na Campaña de Nadal

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Asegura que a recepción dos Reis no Lalín Arena "careceu de planificación, evidenciando unha absoluta desorganización que prexudicou tanto ás familias como ao comercio"


Ecos da Comarca/Lalín

O concelleiro socialista de Lalín Anxo Álvarez valora a recente campaña de Nadal en Lalín como positiva en termos económicos “grazas ao bo momento que atravesa España”. O concelleiro subliñou que “as políticas do Goberno central presidido por Pedro Sánchez permiten que as familias dispoñan de recursos, o que fomentou o consumo tanto no comercio como na hostalería local”. Con todo, lamentou que o goberno municipal do PP desperdiciase esta oportunidade e volvese evidenciar - coma nas últimas festas das Dores- “unha total falta de xestión, diálogo e planificación”.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Álvarez citou como cuestións a mellorar a música nas rúas, "con volumes descontrolados que xeraron numerosas queixas de veciños e comerciantes". A isto sumáronse "as molestias ocasionadas polo corte de rúas sen aviso previo como sucedeu na Luís González Taboada, ou aos cortes en Matemático Rodríguez polo tren Aldeas de Nadal, o que afectou negativamente ao tráfico e ao acceso ás zonas comerciais". Pola contra, critica que as rúas Principal e Loriga permanecesen sen peonalizar en días marcados como Noiteboa e que nunhas datas tan sinaladas “os coches e non as persoas ocupasen gran parte do espazo público do centro”.


Ademais, indica que a distribución das Aldeas de Nadal non promoveu o tránsito polas principais rúas comerciais, desaproveitando a posibilidade de dinamizar aínda máis o comercio local.


O edil socialista critica a “falta de diálogo cos comerciantes” como outro dos puntos débiles. Explica que a ausencia de coordinación co sector impediu establecer horarios comúns, como a apertura en domingos, unha decisión que debería ser consensuada. “En lugar de buscar solucións conxuntas, desde o goberno local do PP optouse por criticar ao comercio nos medios de comunicación, argumentando a existencia de queixas de orixe incerta e sen probas claras”, sinala, para cualificar como "“rechamante” que os propios negocios de concelleiras e exconcelleiros do PP permanecesen pechados en domingos, precisamente o que o propio goberno local reprochaba ao resto do comercio".

A Cabalgata tivo lugar no Lalín Arena debido ao mal tempo. Autor: Ecos da Comarca.
A Cabalgata tivo lugar no Lalín Arena debido ao mal tempo. Autor: Ecos da Comarca.

Anxo Álvarez asegura que o caos e a improvisación alcanzaron o seu máximo expoñente na organización do Día de Reis. “A recepción das súas Maxestades no Lalín Area careceu de planificación, evidenciando unha absoluta desorganización que prexudicou tanto ás familias como ao comercio”.


Álvarez insta ao goberno municipal do PP a reflexionar e a adoptar un enfoque máis dialogante e planificado no futuro, que teña en conta as necesidades reais de veciños, comerciantes e hostaleiros na campaña de Nadal e que se aproveite así todo o potencial económico e social da vila.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page