O PSOE de Lalín critica "a falta de explicacións do alcalde 10 días despois de destaparse os empadroamentos ilegais"
- ecosdacomarca
- 16 feb
- 2 Min. de lectura
"A cidadanía merece respostas", subliña
Ecos da Comarca/Lalín
O PSOE de Lalín denuncia "a absoluta falta de explicacións por parte do goberno local e de Crespo dez días despois de destaparse o escándalo dos empadroamentos ilegais no municipio. O silencio do PP é tan grave como os feitos que están a saír á luz e a veciñanza merece saber que pasou realmente, que sabía o goberno e por que non se actuou a tempo, máis despois de facerse públicos casos de vivendas con empadroados que non residían e de non actúar cando desde á Subdelegación se solicitou revisar estas situacións".

Os socialistas lembran que hai máis dun ano xa advertiron de que se estaban producindo situacións canto menos sospeitosas no padrón municipal e que a resposta do PP no Pleno foi negalo todo.
Publicidade
"Despois chegaron os bandazos: Negaron o problema, logo dixeron que era un problema de seguridade, botaron a culpa á Subdelegación do Goberno, aseguraron que no padrón non había nada raro, e máis tarde volveron cargar contra o subdelegado, cando queda demostrado coas detencións e investigacións que foi o que mellor fixo o seu traballo". “Queremos felicitar a Abel Losada polo seu compromiso neste proceso”, engaden.
Os socialistas lamentan que Crespo "siga botando balóns fóra cando está claro que a responsabilidade do padrón é municipal e que a máxima autoridade é o alcalde". O PSOE de Lalín esixe novamente transparencia e que o alcalde e o goberno local dean a cara dunha vez sobre os empadroamentos ilegais. "Que sabían? Que conexións había con este tema? Por que non se actuou antes? A cidadanía merece respostas. O que non pode facer o PP é seguir escapando das súas responsabilidades e tentando agochar un escándalo que afecta directamente á xestión municipal".
Comments