top of page

O PSOE de Lalín asesorará á veciñanza na solicitude das viaxes do Imserso

27 jun
2 min de lectura

Ofrecerá un servizo gratuíto de asesoramento para garantir que ningún veciño ou veciña quede sen tramitar a súa solicitude "ante a falta de apoio do Concello"


Ecos da Comarca/Lalín

O PSOE de Lalín anuncia queporá en marcha un servizo de asesoramento gratuíto para todas aquelas persoas que precisen axuda para realizar a solicitude das viaxes do IMSERSO. "Esta iniciativa xorde ante a ausencia de colaboración do Concello para prestar apoio á veciñanza, e só xerar alarmismo a un sector da poboación vulnerable".

Deste xeito, calquera veciño ou veciña que necesite axuda para solicitar a súa praza, teña dificultades para acudir a unha axencia de viaxes ou simplemente queira aclarar calquera cuestión relacionada co programa poderá contar co apoio de persoal preparado para asesoralo.


A voceira socialista, Alba Forno, afirma que desde o PSOE de Lalín “queremos transmitir unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía: as viaxes do IMSERSO seguen funcionando con total normalidade e nas mesmas condicións que no resto dos concellos de Galicia que xa funcionaban sen estes convenios antigos. Por iso, animamos a todas as persoas beneficiarias a non renunciar a este dereito por falta de información ou apoio.”

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Tal e como sinala Forno, "non imos permitir que ningún veciño ou veciña quede sen acceder a este programa por non contar co asesoramento. O noso compromiso é estar ao lado das persoas, especialmente das que máis apoio precisan, facilitándolles os trámites e resolvendo todas as súas dúbidas".


O PSOE de Lalín anima a todas as persoas interesadas a chamar sen compromiso ao 601 00 66 63 para solicitar cita ou realizar calquera consulta relacionada coas viaxes do IMSERSO.

 PUBLICIDADE

Preme na imaxe e contacta con nós!
Preme na imaxe e contacta con nós!

Espazos de estudo

Por outra banda, desde o PSOE de Lalín lamentan que o goberno municipal veña de votar en contra da proposta socialista para habilitar espazos de estudo no municipio, unha medida que xa figuraba no programa electoral da formación e mesmo na do propio goberno. Ademais, a concelleira do PP afirmou que a súa propia proposta, unha aula de estudo intelixente 24 horas, “é inviable”. Os socialistas consideran incomprensible este rexeitamento, especialmente despois das declaracións realizadas durante o debate plenario pola concelleira de Cultura, Begoña Blanco, quen chegou a afirmar que "a biblioteca non é un espazo para estudar" ou que “é un sitio adecuado a mesa da cociña para estudar”.


Dende o PSOE consideran estas afirmacións "unha mostra do absoluto descoñecemento das necesidades da mocidade lalinense" e lembran que as bibliotecas son, precisamente, espazos de estudo e tamén de consulta. Para os socialistas, Lalín necesita espazos dignos, adecuados e con horarios suficientes para que estudantes e opositores poidan preparar os seus exames en condicións, polo que anuncian que seguirán defendendo esta proposta ata que sexa unha realidade.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

​

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page