top of page

O PSOE de Lalín acusa ao goberno local de "eliminar a carreira da Dores pola súa deriva revanchista"

Alba Forno explica que o beneficio que deixaba o evento na vila supera infinitamente o gasto da súa organización

Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín lamenta a eliminación por parte do goberno do PP da carreira solidaria das Festas das Dores, que se viña celebrando desde o ano 2016 cunha inmellorable acollida por parte de veciñanza e dos deportistas. A voceira municipal, Alba Forno, considera “escandaloso” que se prescinda deste evento multitudinario e asegura que “non existe ningún argumento de carácter organizativo ou económico para cancelalo e todo se reduce á deriva revanchista do PP, que pouco a pouco vai acabando con todo aquelo que viña do goberno de coalición”.

Foto de arquivo.

Os socialistas sinalan que “non hai nin un só veciño ou veciña que estea de acordo coa eliminación dunha carreira que xa estaba plenamente consolidada e que ademais supoñía unha importante recadación económica para un colectivo que realzia un gran labor social como é a Cruz Vermella”. “O PP está mostrando a súa cara máis sectaria neste mandato e non lle importa arrasar con calquera iniciativa por moi ben que funcione, só porque provén do anterior goberno de coalición”, destaca Forno.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A concelleira traslada o malestar da cidadanía pola supresión da carreira e sinala que “o afán vengativo do PP impedirá que as rúas vivan no inicio das festas o gran ambiente de anos anteriores”. Nesta liña, considera un insulto que o goberno aluda a motivos económicos para eliminar a actividade “cando o concelleiro de Deportes, Avelino Souto, cobra en dous meses o que vale organizar o evento deportivo”. “Hai diñeiro para subidas de soldos, para facer un novo parque canino que non soluciona nada ou para poñer macetas nos farois, pero non para darlle vida a Lalín a través do deporte no inicio das festas”, sostén Alba Forno, ao tempo que sinala que “o beneficio que deixaba a carreira grazas ao público e aos visitantes que atraía era infinitamente maior que o gasto que supoñía”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente a socialista lembra que o revanchismo do PP “xa levou por diante iniciativas como Roteiros de Lalín, o premio Aldea Singular, os paraugas da rúa Colón, o Lalín con Gusto, o parque canino, reduciu o Orgullo á mínima expresión ou eliminou proxectos e obras que serían claramente beneficiosos para o concello como o albergue municipal.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page