top of page

O PSOE cruceño non permitirá que se perda ningún servizo bancario por parte das entidades

A candidata socialista, María Manteiga, convida ao actual rexidor a cancelar calquera iniciativa que favoreza áos bancos e supoñan a perda de beneficios para os maiores


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A candidata socialista de Vila de Cruces, María Manteiga, invita ao actual rexidor, Luis Taboada, a cancelar calquera iniciativa que favoreza ás entidades bancarias e supoñan a perda de beneficios para os nosos maiores. Anuncia que, coma alcaldesa, no permitirá ninguna merma na calidade dos servizos das entidades bancarias presentes no concello.

A socialista está totalmente en contra de calquera acción que leve implícito a merma de servizos aos nosos maiores e denuncia que a realización de cursos de “usos de caixeiros de forma fácil e segura é a porta aberta a limitar o nivel de servizos atendidos por parte das entidades bancarias". Por iso, convida á actual Alcaldía a condicionar os cursos a manter ou aumentar a calidade do servizo prestado.


A exclusión financeira, incide, "é un problema serio que afecta a moitas persoas, especialmente ás persoas maiores e aquelas con baixos ingresos. As entidades bancarias teñen unha gran responsabilidade social para asegurarse de que todos os seus clientes teñan acceso a servizos bancarios axeitados e que se proporcionen solucións alternativas para aqueles que teñen dificultades para utilizar os caixeiros automáticos. Desafortunadamente, hai bancos que están a esconder baixo falsos cursos a perda de servizos esenciais para os seus clientes. Moitos bancos obrigan os seus clientes a utilizar caixeiros automáticos, mesmo sabendo que as persoas maiores e aqueles con discapacidades poden ter dificultades para utilizar esta tecnoloxía financeira.

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Ademais, sinala, "a falta de asistencia adecuada por parte das entidades bancarias pode levar á exclusión financeira e deixar a moitas persoas sen acceso a servizos bancarios esenciais. Por esta razón, é importante denunciar a práctica de esconder baixo falsos cursos a perda de servizos bancarios e a obriga de usar caixeiros automáticos sen ofrecer a asistencia necesaria para axudar aos clientes a utilizar esta tecnoloxía financeira. É necesario que as entidades bancarias cumpran coa súa responsabilidade social e proporcionen servizos bancarios adecuados para todos os seus clientes, independentemente da súa idade ou discapacidade, especialmente en Vila de Cruces".


Sen embargo, o grupo socialista, aclara que "está a favor dos cursos de dixitalización para acabar ca brecha dixital, pero non de falsos cursos que esconden a perda de servizos". Seguindo coas iniciativa do goberno socialista, "a futura alcaldesa manterase vixiante fronte ao continuo deterioro da atención aos nosos maiores no rural e invita ao actual alcalde a non someterse as entidades financieiras".





Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page