top of page

O PSOE critica a incoherencia do PP que "restrinxe o uso da auga mentres mantén actividades acuáticas"

 Alba Forno: “Non se pode pedir responsabilidade á veciñanza mentres se despilfarra auga e se ignoran as propostas de prevención”


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira socialista, Alba Forno lembra, que “o mesmo goberno que publica un bando prohibindo ou recomendando restricións como non regar hortas ou xardíns, non lavar coches ou non encher piscinas, presumía hai poucos días do programa Xoga Lalín, no que se utilizan maioritariamente inchables acuáticos e canóns de escuma que, segundo diferentes estimacións, poden superar os 10.000 litros de auga consumidos nunha tarde”.

O PSOE subliña que este programa leva celebrándose cada mércores desde xullo e

pregúntase “se acaso o goberno non sabía a semana pasada que a auga escaseaba” e “se pensa seguir mantendo este tipo de actividades nas vindeiras semanas mentres pide á

poboación que se restrinxa”.


Forno puntualiza que “no PSOE somos plenamente conscientes de que hai que ofrecer alternativas de lecer á cativada no verán, pois non todas as familias poden ir á praia ou á

piscina, pero é responsabilidade do goberno local anticiparse e decidir que se pode e que

non se pode facer nun momento de seca e buscar opcións que non supoñan un despilfarro

de auga”.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A incoherencia do PP, apunta, "tamén se evidenciou esta mesma mañá, (por onte), cando o Concello continuaba a regar plantas na rúa principal de Lalín mentres esixía responsabilidade á veciñanza e mesmo lles pedía que fixeran pozos sen explicar onde supostamente deberían facerse, por exemplo no casco urbano”.


O PSOE lembra que o goberno do PP leva anos desatendendo as políticas de prevención

fronte á seca. “Votaron en contra da nosa proposta para elaborar un plan municipal de continxencia e tamén ignoran por completo a nosa iniciativa acordada hai cinco anos polo

pleno para o arranxo e aproveitamento das traídas de auga veciñais da que nada se sabe”, denuncia Forno.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Tampouco, sinala, "no último contrato de abastecemento de auga se incorporaron medidas

propostas polo PSOE, como a auditoría da rede, a monitorización das perdas, a dixitalización do sistema ou a modernización das infraestruturas, mantendo un abastecemento rudimentario que pode chegar a ter perdas do 30%”.


“As medidas son necesarias e contan co noso apoio, pero o que non é de recibo é que se

adopten tarde e que se contradigan coas accións do propio goberno municipal”, conclúe

Alba Forno.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page