O PSOE arzuán propón unha iniciativa para fortalecer a comunicación entre as parroquias e o Concello
- ecosdacomarca
- 13 may 2023
- 1 Min. de lectura
Ademais, levará a cabo reunións cunha periodicidade bimensual para analizar e estudar as suxerencias
Ecos da Comarca/Arzúa

O PSOE de Arzúa liderado por Begoña Balado leva no seu programa electoral unha proposta que considera "realista e sinxela". Trátase da creación, en cada unha das 22 parroquias do concello de Arzúa, dun equipo de persoas (máximo tres), xunto co alcade pedáneo, para que xestionen as necesidades en cada unha delas, é dicir, os obxectivos desta iniciativa serán dar voz aos cidadáns, fortalecer a comunicación entre as parroquias e o Concello, impulsar a toma de decisións e ser unha canle máis onde estes poidan trasladar ideas e colaborar xuntos en novos proxectos.
O partido socialista, propón reunións cunha periodicidade bimensual para analizar e estudar as suxerencias, propostas e necesidades para o desenvolvemento rural e aposta polo fomento da participación cidadá, ofrecéndolles por unha banda un papel activo no referente á toma de decisións e pola outra, á visibilización das necesidades reais de cada parroquia.
Comments