top of page

O PSdeG-PSOE de Touro denuncia "un abandono de Abanca á veciñanza"

"Os veciños teñen que viaxar aos concellos da contorna a facer operacións financeiras polo mal funcionamento da oficina e por estar o caixeiro fóra de servizo como aconteceu esta semana", aseguran os socialistas


Ecos da Comarca/Touro

O PSdeG-PSOE de Touro denuncia "un abandono de Abanca á veciñanza". Recrimina a "falta de compromiso da entidade bancaria Abanca e o mal funcionamento da súa oficina de Touro, única sucursal bancaria do municipio".

A voceira das Socialistas, Gemma V. Lopez, lamenta que "non se esixa por parte do

goberno de Ignacio Codesido (PP) o bo funcionamento do caixeiro e da sucursal xa que é

un servizo básico para a cidadanía. Lamentable que semana tras semana as veciñas e veciños teñan que viaxar aos concellos da contorna a facer operacións financeiras polo mal funcionamento da oficina e por estar o caixeiro fóra de servizo como aconteceu esta semana", afirma a edil.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O grupo municipal socialista pide ao alcalde que "deixe de poñerse de perfil e que apoie a veciñanza para loitar contra esta inxustiza e facer un fronte común para esixir que a

entidade bancaria mellore a atención á veciñanza en Touro. Instamos ao goberno municipal a retirar todos os fondos do Concello desa entidade bancaria no caso de non reverter esta situación caótica", sentencia López.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page