O PSdeG-PSOE de Touro denuncia "o mal estado dos parques infantís e zonas de lecer do municipio"
- ecosdacomarca

- 24 jun 2022
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Touro
Os socialistas de Touro solicitan o amaño de parques, xogos infantís e pistas deportivas, ademais da posta a punto e continuado mantemento, de todas as zonas de lecer do municipio. “O goberno municipal de Touro ten os parques infantís condenados a un estado
lamentable e cun nivel de deterioro que comeza a ser alarmante”, afirma a voceira
socialista, Gemma V. López.

Insiste en que "os coidados dos espazos lúdicos e de lecer corresponden ao equipo de goberno municipal sempre, por iso parécenos inadmisible que neste concello sexan as veciñas e veciños quen leven a cabo a labor da limpeza dos mesmos. Un alcalde e cinco concelleiras e concelleiros con nula capacidade de xestión non son quen de manter os espazos públicos en bo estado de conservación", engade a representante socialista.
O grupo municipal socialista leva anos reclamando a obrigatoriedade da posta en valor e o mantemento axeitado das zonas de lecer para as rapazas e rapaces nas diferentes parroquias de Touro. “O desleixo ao que o equipo de goberno somete á veciñanza é deplorable a súa falla de ética cando non asumen a inanición que arrastran e culpabilizan dela ao persoal do Concello”.
A esixencia da representante socialista pasa porque no menor tempo posible sexan adecentadas estas zonas tan necesarias para as veciñas e veciños. “Non nos vale cun simple lavado de cara a golpe de mata”, conclúe a concelleira socialista.







Comentarios