top of page

O PSdeG-PSOE de Lalín acusa a Crespo "de crear ruído e bulos para tapar a súa nefasta xestión"

Alba Forno denuncia que "o alcalde recoñece irregularidades no padrón, bota balóns fóra e sementa sospeitas sobre a poboación inmigrante"


Ecos da Comarca/Lalín

A voceira municipal dos socialistas de Lalín, Alba Forno, acusa ao alcalde José Crespo "de instalarse nunha estratexia baseada na confrontación constante, o insulto e a propagación de bulos, coa única finalidade de ocultar a súa incapacidade para xestionar os problemas reais da veciñanza". “Primeiro insulta aos detractores de Altri e á xente das cidades e agora busca polémicas sobre os colectivos migrantes para que non se fale das múltiples carencias que ten a veciñanza de Lalín”, afirma.

Forno sinala que a rolda de prensa de Crespo sobre o padrón municipal "non foi máis que un novo intento de crear confusión e tensión social, ao tempo que recoñece irregularidades e tenta eludir a súa responsabilidade política culpando aos funcionarios e técnicas municipais do escándalo do Padrón, cando o máximo responsable do Padrón por Lei é o alcalde, como se comproba cando asina decretos con baixas de centos de persoas estranxeiras".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

“Crespo está máis preocupado por manterse no foco e manipular á opinión pública que por abordar a situación da vivenda, o abandono da sanidade pública, a falta de posibilidades de conciliación, o peche de comercios, a suba do paro, ou a inexistencia de alternativas culturais e de ocio na nosa vila”. “Ataca a quen discrepa, sementa divisións e tensiona o municipio, só para distraer da realidade”, insiste a portavoz socialista.


Desde o PSdeG-PSOE lamentan que o alcalde "se dedique a sementar bulos perigosos que estigmatizan á comunidade migrante, ao tempo que lamenta que Crespo xa non se corte á hora de asociar inmigración con delincuencia”.  “O que Crespo pretende con esta espiral é tapar a súa incompetencia recorrendo a estratexias vellas e perigosas: culpabilizar a quen vén de fóra e atacar a quen pensa distinto”, conclúe.



コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page