top of page

O PSdeG de Lalín celebra que o bono comercio se active, pero pide máis ambición na súa dotación

“Desde o primeiro momento defendemos que esta iniciativa debería contar cun mínimo de 40.000 euros para que a inxección económica fose realmente perceptible”, explica Forno


Ecos da Comarca/Lalín

A secretaria xeral do PSdeG-PSOE de Lalín, alba Forno, valorou positivamente que por fin se active o bono comercio, unha medida proposta polos socialistas e aprobada polo pleno hai máis de dous anos. A tamén voceira municipal sinalou que “o importante é que esta ferramenta se poña en marcha, porque é unha medida útil para dinamizar as compras e apoiar ao comercio local”. Con todo, os socialistas consideran que a dotación inicial de 20.000 euros queda curta para xerar un impacto significativo no tecido comercial do municipio.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

“Desde o primeiro momento defendemos que esta iniciativa debería contar cun mínimo de 40.000 euros para que a inxección económica fose realmente perceptible”, explicou Forno.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O grupo socialista destacou que o comercio local precisa medidas con ambición, especialmente en meses nos que a actividade adoita ser menor, e insistiu en que o Concello debe avaliar o resultado desta primeira convocatoria para ampliar a súa dotación no futuro. “O bono comercio é unha boa ferramenta. Agora toca facelo crecer e darlle continuidade”, concluíu a portavoz socialista.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page