top of page

O PsdeG advirte de que Lalín “está perdendo a tranquilidade” e pídelle ao Concello que actúe

Forno lembra que Lalín conta cun servizo de Policía Local con só 9 axentes,“froito do desmantelamento do corpo por parte de Crespo e totalmente insuficiente”


Ecos da Comarca/Lalín

O PSdeG-PSOE de Lalín amosa a súa preocupación pola situación da seguridade no municipio e advertiu de que “día a día” medra a sensación de perda de tranquilidade entre a veciñanza. A secretaria xeral e voceira municipal socialista, Alba Forno, subliñou que “a realidade que se percibe na rúa é a de que Lalín xa non é o que era en termos de seguridade e tranquilidade”.

Neste sentido, o PSdeG considera que o goberno de Crespo non está a dar unha resposta axeitada á situación. A voceira socialista lembrou que Lalín conta cun servizo de Policía Local con só 9 axentes,  “froito do desmantelamento do corpo por parte de Crespo e totalmente insuficiente para as necesidades do noso concello, o que reduce a capacidade de prevención no día a día”, indicou. Sinala que non hai cobertura policial polas noites e que mesmo cando se incorporen os tres novos policías locais que están en formación Lalín terá 12 axentes operativos, “moi lonxe dos máis de 20 que debería haber para cubrir con garantías a seguridade da veciñanza”.

 

Forno indica que cada vez é máis habitual escoitar en Lalín falar de roubos, furtos, agresións e outros episodios delictivos que antes non formaban parte do día a día, “o que está a xerar preocupación entre os veciños e veciñas”.

  PUBLICIDADE

“A voceira socialista subliñou que ‘a tranquilidade non se dá por feito, hai que coidala’, e advertiu de que iso require presenza, prevención e planificación por parte do Concello a través dun corpo de Policía Local axeitado, pero tamén políticas activas de convivencia, integración e cohesión social que garantan unha boa convivencia no día a día.”

 

Os socialistas insisten en que “non se trata de alarmar”, senón de actuar ante unha realidade que xa se está a notar na rúa. “Cando a xente comeza a falar de seguridade todos os días, é que algo está cambiando”, apuntou Forno.

  Publicidade

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

Desde o PSdeG tamén quixeron recoñecer o traballo da Garda Civil, que está a intervir nos feitos que se producen, pero lembraron que a seguridade de proximidade depende do Concello. “O goberno local non pode poñerse de perfil nin mirar para outro lado como se nunca fora nada con eles, porque Lalín merece recuperar a tranquilidade que sempre tivo”, concluíu.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page