O proxecto “Regueifando con pracer: tecendo redes de improvisación e coidados” arrinca este sábado en Lalín
- ecosdacomarca
- 6 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Lalín
O proxecto “Regueifando con pracer: tecendo redes de improvisación e coidados” arrinca este sábado en Lalín cun obradoiro no Círculo de Recreo dirixido a colectivos feministas, onde participarán activistas e aliadas de Azos Feministas e o colectivo Levedar.

Publicidade
Este será o primeiro dos 6 obradoiros que se desenvolverán en 2025 en distintos puntos de Galicia, nunha iniciativa que contempla tamén a gravación dun documental e a celebración dun evento presencial de festa e convivio con mulleres regueifeiras galegas.
“Regueifando con pracer” é un proxecto impulsado por María Domínguez (SeñoraPlacerful) e Raquel Doallo (aopaso) e cofinanciado polo Ministerio de Igualdade, no marco da convocatoria de subvencións para o fomento da igualdade entre mulleres e homes a través das prácticas artísticas e a cultura comunitaria.
Commentaires