top of page

O proxecto Escola Cívica para a Custodia do Territorio bota a andar na Comarca da Ulloa

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Durante o mes de abril, as persoas de 16 e 35 anos poden inscribirse nesta iniciativa que ofrecerá un espazo para a aprendizaxe e a implicación da xuventude en torno ao seu futuro laboral, a conservación do territorio e a transformación económica local


Laura Moure/A Ulloa

O proxecto Escola Cívica para a Custodia do Territorio, deseñado pola Cooperativa Indaga

e co-financiado polo Concello de Monterroso, a Federación Española de Municipios e

Provincias (Femp) e o Instituto de la Juventud (Injuve), botará a andar no mes de maio co

obxectivo de xerar un espazo para a aprendizaxe e a implicación da xuventude en torno ao

seu futuro laboral, a conservación do territorio e a transformación económica local. Durante

o mes de abril, todas as persoas de entre 16 e 35 anos interesadas poden inscribirse

enviando un correo electrónico a escolacivicamonterroso@gmail.com

Unhas das dimensións da despoboación rural está directamente relacionada coa falta de

oportunidades atractivas de emprego, o que mobiliza a moitas persoas novas a formarse e

traballar noutros lugares. A aposta por melloras os cauces formativos abre a posibilidade de orientar a práctica profesional das próximas xeracións cara valores que poñan o énfase na sustentabilidade medioambiental, a biodiversidade, o fomento da participación cidadá, a equidade ou a xustiza social. De feito, experiencias nos últimos anos demostran o potencial económico e social dos proxectos formativos que se basean en ámbitos como o medio ambiente, a economía circular, a igualdade de xénero, a agricultura ecolóxico ou as novas tecnoloxías.


Visitas e xornadas experienciais

Así, este proxecto pretende xerar un espazo de aprendizaxe dirixido á xuventude co obxectivo de que esta colla as rendas do seu futuro laboral e se constitúa como axente

activo e protagonista da transformación económica e social do seu territorio, a través dun

proceso formativo que motive e oriente o talento da xuventude local cara proxectos de

emprego baseados na sustentabilidade ambiental, a equidade de xénero e a conservación

do territorio. Deste xeito, a través de encontros, visitas e xornadas experienciais, a xuventude participante coñecerá diferentes proxectos e organizacións locais: As Vacas da Ulloa, Quercus Sonora, Milhulloa, Eira da Xoana e Grupo de Consumo O Zuleiro, que funcionan en torno a modelos de economía social e solidaria, sustentable, equitativa e garantes do emprego de calidade.


Finalmente, o proxecto porase á disposición do alumnado da escola un servizo de titorización para que cada participante poida resolver dúbidas e receber asesoramento en materia laboral e futuro profesional.

0 comentarios

Opmerkingen


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page