O proxecto de Altri queda definitivamente excluído das axudas Perte-Liña 4
- ecosdacomarca
- 20 jun
- 2 Min. de lectura
A Plataforma Ulloa Viva reúnese coa Ministra de Sanidade e recibe o seu apoio fronte
ao proxecto de ALTRI
Ecos da Comarca/A Ulloa
O Ministerio de Industria ven de publicar a resolución definitiva de axudas Perte-Liña 4, á
que inicialmente se tiña presentado o proxecto Greenfiber-Altri. Un procedemento de axudas ao que Altri desistíu expresamente. Greenfiber desiste do procedemento despois de que seu proxecto fose rexeitado na fase provisional de valoración, debido, entre outros, a que non se axustaba aos criterios e esixencias medioambientais de ditas axudas, e conforme aos criterios da Unión Europea para os proxectos tractores desta liña de axudas. Entre as causas de exclusión estaba a de consumo de combustibles fósiles.

"Contrariamente ao que tiña publicitado Greenfiber, ao desistir do procedemento, renuncia
de facto tamén a recorrer contra da resolución definitiva, quedando definitivamente fóra
desta liña de axudas, á que tiña solicitado unha subvención de 30 millóns de €", especifica a Plataforma Ulloa Viva.
Publicidade
A plataforma segue a demandar do goberno da Xunta, Estado e da UE que o proxecto Altri non pode ser receptor de axudas ou subvencións públicas dado que "é contrario ás esixencias e criterios medio-ambientais como é o principio básico de non causar perxuizo significativo ao medio ambiente (DNSH)".
Por outra banda, unha delegación da Plataforma Ulloa Viva, formada polas representantes Raquel Fernández e Alicia Vilar, mantivo este mércores unha reunión coa Ministra de Sanidade, na que se trasladou a profunda preocupación social e ambiental ante o proxecto industrial da empresa ALTRI, que pretende instalar unha macrocelulosa na comarca da Ulloa.
Durante o encontro, a Ministra expresou o seu respaldo ás demandas da veciñanza da
Ulloa, recoñecendo a lexitimidade da loita social pola defensa da saúde, a terra e a auga. A representante do Goberno amosouse sensible ao impacto que un proxecto destas características pode ter sobre a saúde pública e o medio ambiente.
Publicidade
Raquel Fernández e Alicia Vilar, en representación da Plataforma Ulloa Viva, valoraron moi positivamente este achegamento institucional: “É esencial que os poderes públicos tomen conciencia do que está en xogo: o futuro das nosas comarcas e a saúde das persoas. A visita á Ministra foi un paso máis para facer valer os nosos dereitos.”
Desde Ulloa Viva considérase fundamental que o Goberno do Estado escoite as voces dos
territorios ameazados por proxectos contaminantes. A loita contra ALTRI é tamén unha
defensa do dereito á saúde, á vida e á continuidade das comunidades rurais. A Plataforma anima á cidadanía a seguir colaborando na campaña de financiamento colectivo activa en Goteo.org, que busca dotar de recursos á defensa xurídica das veciñas
Comentarios