O programa ‘Vai de praia’ 2023 do Pino iníciase o martes 4 de xullo cunha saída ao areal de Boiro
- Laura Moure
- 15 jun 2023
- 1 Min. de lectura
Haberá oito saídas e o prezo é de 10 euros por xornada, 5 euros no caso dos menores de 13 anos
Laura Moure/O Pino
O Concello do Pino pon en marcha unha nova edición do programa Vai de Praia, a iniciativa que permite á veciñanza visitar os areais da costa de Galicia durante todo o verán. Entre o 4 de xullo e o 29 de agosto, as persoas interesadas desfrutarán todos os martes destas xornadas de turismo e lecer que percorrerán as praias de Boiro, San Vicente do Mar ou a Illa de Arousa, entre outras.

Para participar é preciso aboar 10 euros por cada saída, mentres que os menores de 13
anos pagarán 5 euros.
A axenda do Vai de Praia 2023 do Concello do Pino abrangue no mes de xullo as saídas á
Praia de Boiro (4 de xullo), San Francisco-Muros (11), San Vicente do Mar-O Grove (día 18)
e a Illa de Arousa (27). No mes de agosto repetirase a orde do circuíto de viaxes os días 1,
8, 22, rematando na Illa de Arousa o 29.
Un autobús percorrerá as parroquias do municipio para recoller as persoas participantes.
Para reservar praza, cómpre pagar o importe correspondente na conta que o Concello do
Pino ten en Abanca ES70 2080 0337 1131 1000 0078 ou rexistrar a documentación antes das 13:00 horas do día anterior ao viaxe.
Poderase obter máis información e formalizar as inscricións a través da web do Concello do Pino (www.opino.gal), na Casa da Cultura e no teléfono 981 511 065. Todos os menores de idade que participen neste programa deberán ir acompañados dunha persoa adulta.
Comments