O programa 'Sobes ao autobús do teatro?' chega a Palas de Rei o 1 de maio
- Laura Moure
- 22 abr 2024
- 1 Min. de lectura
Os interesados deben inscribirse previamente
Laura Moure/Palas de Rei
O programa Sobes ao autobús do teatro? chega a Palas de Rei o 1 de maio, para ver a función Os actos e as profecías, que terá lugar no Salón Teatro de Santiago.

O Centro Dramático Galego ten en marcha esta iniciativa que ten como obxectivo achegar o teatro profesional á xente das zonas do rural. Poñen o autobús gratuíto para que a xente poída desprazarse a ver a función en Santiago. Só se paga a función en si, que son 3 euros.
Publicidade
A hora de saída do autobús será dende a Praza do Concello de Palas de Rei ás 11:45 horas, mentres que a hora da función teatral é as 18:00 horas.
Máis información ou inscricións no Departamento de cultura do Concello de Palas de Rei chamanado ao 981 380 001 ou 629 324 528. Tamén, a través do correo cultura@palasderei.org
Comentários