top of page

O programa Silleda Solidaria pon á venda material para recaudar fondos en favor dos ucraínos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Silleda

O programa municipal Silleda Solidaria pon á venda dende este mércores material a fin de recadar fondos en favor das persoas damnificadas pola guerra en Ucraína. Así, dende poderánse comprar libretas e lápis, por cinco euros, e nos vindeiros días tamén se poñerán á venda chaveiros, cun prezo de 2,50 euros. Este material poderá adquirirse no departamento de Benestar Social (Centro Social de Silleda); na Casa da Xuventude-Biblioteca e na Bandeira no auditorio municipal Manuel Dopazo. A recadación será entregada ás entidades que forman parte do Comité de Emerxencia de axuda a Ucrania.


Festival solidario da Banda de Música Municipal de Silleda

Por outra banda, este sábado día 9 terá lugar no auditorio da Semana Verde a 28 edición do Festival de Bandas da Banda de Música Municipal de Silleda, que contará tamén coa actuación da Banda de Santa Cruz de Rivadulla como formación convidada. Esta cita, ás 20:00 horas, terá tamén carácter solidario, cun punto de recadación que se entregará tamén ao programa Silleda Solidaria.


Dende o Concello de Silleda e o citado programa municipal agradécese a colaboración da banda de música, así como doutras entidades e particulares que están a realizar accións axudando na campaña co lema Apoiamos a paz. Silleda con Ucraína. Tamén no vindeiro mes de maio está previsto organizar a San Silvestre de Primavera, unha cita deportiva que tamén servirá para recadar fondos en favor desta causa.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page