top of page

O programa Silleda Camiña volve a partir de marzo

As rutas serán dous días á semana con saídas guiadas dende o pavillón municipal César González Fares


Ecos da Comarca/Silleda

O programa Silleda Camiña volve  o vindeiro mes de marzo, con andainas biosaudables, abertas a todas as persoas interesadas. Haberá como vén sendo habitual rutas guiadas dende o pavillón municipal César G. Fares, que se celebrarán dous días a semana (en horario de mañá e de tarde, respectivamente).

ree

Todas as persoas que estén interesadas en participar poden recibir máis información no Concello de Silleda (departamento de Deportes) ou remitir un mail cos seus datos a info@silleda.gal


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Este programa, que se puxo xa en marcha en 2021 dende os departamentos de Deportes e Turismo para fomentar hábitos saudables, os desprazamentos a pé e tamén o coñecemento de espazos turísticos, volta para seguir mellorando a saúde da cidadanía.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Neste marco, e de xeito transversal, o programa vaise a diversificar tamén este ano cunha nova iniciativa, que tamén arrancará en marzo. Trátase dunha actividade que fomentará o exercicio físico ao aire libre, en distintos espazos públicos e que se enmarca no Plan de Saúde Mental, a fin de mellorar o benestar emocional das persoas participantes.


O prazo para participar en ámbalas dúas actividades está xa aberto.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page