top of page

O programa 'Silleda Camiña' volta a partir da vindeira semana

As camiñadas semanais retómanse despois do verán dende o vindeiro martes 28 co pavillón municipal como punto de encontro


Laura Moure/Silleda

O programa municipal Silleda Camiña volta, despois do parón estival, a partir da vindeira semana. O martes 28 será o día do reencontro con esta exitosa iniciativa que botou a andar a pasada primavera. A cita, cas camiñadas semanais dirixidas, será todos os martes e xoves adiantándose o horario (será de 17:00 a 19:00 horas) tendo en conta a duración actual das horas de luz natural.

O Concello de Silleda a través dos departamentos de Deportes e Turismo puxo en marcha esta iniciativa con dúas vertentes: as camiñadas semanais pola vila de Silleda e arredores, na tardea dos martes e xoves, co asesoramento do técnico municipal de deportes, que informará sobre os percorridos e asesorará ás persoas participantes en función da súa idade, condición física… e outra con rutas nas fins de semana.


Este programa busca fomentar hábitos de vida saudables así coma os desprazamentos a pé, nun entorno no que xa existen vías onde as persoas priman por riba dos vehículos. O coñecemento de espazos turísticos e rutas é outra das liñas deste programa, con saídas mensuais que se irán organizando nos vindeiros meses.


O programa está aberto á participación de persoas de todas as idades. As que desexen inscribirse e recibir máis información poden chamar ao teléfono 650 953 872.



0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page