O programa 'Sen Vandalismo' chega a Monterroso, ao único concello da provincia de Lugo
- Laura Moure
- 3 dic 2022
- 2 Min. de lectura
Lévase a cabo no colexio da localidade e trátase dun proxecto socioeducativo a nivel autonómico para a prevención do vandalismo entre os máis novos
Laura Moure/Monterroso
O CEIP de Monterroso vén de iniciar o programa Sen Vandalismo para concienciar,
sensibilizar e educar. Trátase dun proxecto socioeducativo a nivel autonómico para a
prevención do vandalismo entre os máis novos. Monterroso é o único concello da provincia que logra formar parte desta iniciativa da Fundación Barrié en colaboración coa Asociación para a Prevención e a Educación Social (APES).

Este programa está integrado polo alumnado de 5º de Primaria que xa se están formando como “Investigadores Sociales” adquirindo o rol de axentes activos na comunidade.
"O obxectivo deste pioneiro proxecto é sensibilizar e concienciar aos máis novos das
consecuencias sociais e económicas que xera o vandalismo no noso municipio e en
definitiva, contribuír a reducir o custo económico para o concello de todas as reparacións que provocan os actos vandálicos", sinala o Concello.
Esta semana recibiron a visita da alcaldesa, Rocío Seijas, e de dous axentes do Corpo da
Garda Civil nunha sesión participativa na que o alumnado valorou as consecuencias que
teñen os actos vandálicos nos recursos económicos públicos. A rexedora explicoulle ao alumnado con exemplos, fotografías e datos incluso económicos, a meirande parte dos actos vandálicos que se levaron a cabo nos últimos tempos. Os danos sufridos na Cúpula, na área Recreativa Caracacho, nas rúas da vila, nas pistas da petanca, nos baños das pistas de pádel, no espazo Lorenzo Varela, nos contenedores, nas marquesiñas, na sinalización e incluso, nas dúas árbores taladradas na Área Recreativa A Peneda, así como diversos exemplos de danos medioambientais como os verquidos incontrolados, foron algúns dos exemplos comentados pola mandataria para concienciar do valor e do custo de reparación ou reposición dos mesmos.
Por parte dos axentes da Garda Civil concienciouse das consecuencias das condutas vandálicas e da responsabilidade das mesmas así como ensinouse o procedemento que
se articula dende que se produce o acto vandálico para conseguir probas e dar co responsabilidade do acto.
Comentários