top of page
Foto del escritorLaura Moure

O programa 'Sabores e Saberes do Camiño' homenaxea ao Galo Piñeiro cun showcooking no Pino

Será este xoves a cargo das irmáns Cristina e Cecilia Sanmartín


Laura Moure/O Pino

O programa Sabores e Saberes do Camiño, liderado pola Federación Efas de Galicia, celebra este xoves, 29 de abril, ás 18:00 horas unha nova sesión no Centro sociocultural Luis Seoane de O Pino. Este proxecto forma parte do programa O teu Xacobeo da Xunta de Galicia, e desenvolverá este xoves en O Pino a súa terceira sesión co Galo Piñeiro como protagonista.


As irmáns Cristina e Cecilia Sanmartín do restaurante Casa San Martín, premio de gastronomía Galo de Curral, serán as encargadas de acometer as elaboracións nas que ensalzar a carne desta raza autóctona: Galo receita tradicional e vieira con cecina de Galo Piñeiro.


O showcooking contará coa asistencia de Nava Castro, directora de Turismo de Galicia, e

Manuel Taboada, alcalde de O Pino. O aforo é limitado e conta con 15 prazas e os interesados en asistir aínda se poden anotar a través do teléfono 676 260 196.


Sabores e Saberes do Camiño ten como finalidade o desenvolvemento das áreas rurais

do Camiño de Santiago, a promoción da súa riqueza cultural, natural e humana a través de

actividades de difusión da potencialidade gastrocultural nos concellos de O Pino, Arzúa, Palas de Rei e Melide.


Terá lugar no Centro Sociocultural Luis Seoane do Pino.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page