top of page

O programa piloto de vacinación fronte á gripe por vía intranasal chegará a colexios de Arzúa, Lalín e Silleda

Laura Moure/Arzúa/Deza

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou este luns que a partir do vindeiro 13 de outubro arrancará “un programa piloto de vacinación fronte á gripe por vía intranasal en centros educativos” que busca chegar “a 19.000 nenos de entre 3 e 11 anos de 55 colexios galegos”. Trátase dunha iniciativa conxunta das consellerías de Sanidade e Educación, Ciencia, Universidade e FP que ten o obxectivo de seguir consolidando “a posición dianteira que ten Galicia” en materia de prevención ao contar “co calendario de vacinación máis completo do mundo”.


Tal e como explicou o titular do Goberno galego, nos colexios seleccionados e de forma voluntaria aos alumnos de 4º, 5º e 6º de educación infantil e de todos os cursos de educación primaria.  O obxectivo “é acadar unha cobertura do 70%” entre os nados entre 2014 e 2022, é dicir entre 3 e 11 anos, matriculados nos centros incluídos no programa piloto. En función das coberturas de inmunización acadadas, a Xunta avaliará a extensión do proxecto piloto ao resto de centros escolares en futuras campañas de vacinación.


O feito de que se aplique a vacina fronte á gripe por vía intranasal, que evita o pinchazo, facilita a loxística da actuación. Para iso, segundo salientou Rueda, “equipos de enfermería das sete áreas sanitarias desprazaranse aos colexios participantes” para a administración da vacina intranasal nas propias instalacións dos centros.

A finalidade última, de acordo coa campaña xeral de inmunización fronte á gripe, é diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas deste virus na poboación infantil, tentando minimizar o impacto na saúde deles mesmos, das súas familias e de toda a poboación, mediante a prevención coa rotura da cadea de transmisión.


As Consellerías de Sanidade e de Educación informarán aos centros participantes e ás familias dos detalles do programa e da importancia da vacinación antigripal.  Para iso, este mesmo mércores celebrarase unha reunión por videoconferencia cos responsables dos centros escolares seleccionados para explicar os obxectivos do programa e o protocolo que se seguirá. Ademais, en cada un dos centros participantes organizaranse reunións coas familias e co equipo de enfermería para informar, resolver dúbidas e entregar a folla informativa e a autorización para a vacinación. As familias deberán asinar o consentimento para a vacinación do seu fillo e entregala no centro. Antes de proceder á inmunización, os equipos de enfermería recompilarán a información sobre a historia clínica dos rapaces autorizados a recibir a vacina intranasal fronte á gripe.


55 centros escolares seleccionados

O piloto realizarase nun total de 55 centros, seleccionados para acadar unha representatividade dos estratos urbanos, semiurbanos e rurais das catro provincias, distribuídos segundo as áreas sanitarias. En concreto, 9 centros pertencen á área sanitaria da Coruña e Cee; 2 á área sanitaria de Ferrol; 9 á area sanitaria de Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña; 10 á área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras; 6 da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés; 8 da área sanitaria de Vigo; e 11 da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.


Centros educativos seleccionados da área sanitaria da Coruña e Cee: CEIP Eusebio da Guarda, CEIP Plurilingüe María Barbeito e Cerviño, CEIP Raquel Camacho e CPR Plurilingüe Fogar de Santa Margarida (A Coruña); CEIP Ramón Otero Pedrayo (A Laracha); CEIP Francisco Vales Villamarín (Betanzos); CEIP Fogar (Carballo); CPR Plurilingüe Andaina (Culleredo); e CPR Plurilingüe Hijas de Cristo Rey (Oleiros).


Na área sanitaria de Ferrol os centros educativos participantes no programa son o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira e o CPR Plurilingüe Sagrado Corazón, ambos no concello de Ferrol.


Colexios pertencentes á área sanitaria de Lugo, Monforte de Lemos e A Mariña: CEIP Plurilingüe Vista Alegre (Burela); CPI Plurilingüe Virxe do Monte (Cospeito); CPI Plurilingüe Dr. López Suárez (Friol); CEIP Plurilingüe Lagostelle (Guitiriz); CEIP Luís Pimentel e CPR Plurilingüe San José (Lugo); CPR Plurilingüe Nuestra Señora de la Asunción (Sarria); EEI Vilalba (Vilalba); e CPR Plurilingüe Landro (Viveiro). 


  PUBLICIDADE

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Centros seleccionados na área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras: CPR Pablo VI Fátima (A Rúa); CPI Plurilingüe Antonio Faílde (Coles); CPI Terras de Maside (Maside); CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo e CPR Plurilingüe Sagrado Corazón (O Carballiño); CPR Plurilingüe Miraflores (O Pereiro de Aguiar); CEIP Plurilingüe Irmáns Villar e CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense); CPR Plurilingüe María Inmaculada (Verín); e CEIP Carlos Casares (Xinzo de Limia).


Na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés os centros escolares que participan no programa piloto son: CPR Sonrisas y Lágrimas (A Illa de Arousa); CEIP San Tomé (Cambados); CEIP A Xunqueira II e EEI Concepción Crespo Rivas (Pontevedra); e CEIP Plurilingüe Arealonga e CPR Plurilingüe Sagrada Familia (Vilagarcía de Arousa).


Na área sanitaria de Vigo os colexios escollidos son: CRA María Zambrano (O Rosal); CPR Plurilingüe Lar (Mos); CRA Raíña Aragonta (Salceda de Caselas);  CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (Salvaterra de Miño); e CEIP Plurilingüe García Barbón, CEIP Plurilingüe Pintor Laxeiro, CPR Plurilingüe Santiago Apóstol e EEI Vila Laura (Vigo).


Por último, na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza os colexios participantes no programa piloto de vacinación nos centros escolares son: CPR Plurilingüe Nosa Señora de Lourdes (A Estrada); EEI do Milladoiro (Ames); CPR Plurilingüe Nosa Señora do Rosario (Arzúa); CEIP Xesús Golmar (Lalín); CEIP Plurilingüe O Coto (Negreira); CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao (Ordes); CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso); CPR Plurilingüe Nosa Señora Inmaculada (Santa Comba); CEIP das Fontiñas e CPR Plurilingüe La Salle (Santiago de Compostela); e CPR Plurilingüe María Inmaculada (Silleda).


PUBLICIDADE

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Novidades da campaña de vacinación fronte á gripe

O programa piloto para a vacinación fronte á gripe por vía intranasal nos centros escolares de Galicia é unha das novidades da campaña de vacinación fronte á gripe deste ano, que se iniciará o 29 de setembro, amplía as proteccións en nenos e maiores e realizarase sen recorrer á habilitación dos grandes recintos.


Destaca a ampliación da idade de vacinación infantil ata os 11 anos, que ademais se realizará por vía intranasal para evitar o pinchazo e coa posta en marcha deste programa piloto de vacinación en 55 centros escolares. Nos maiores, amplíase a administración da vacina antigripal de alta carga para as persoas de 70 a 79 anos, que ata o de agora se administraba a maiores de 80. Ademais a compra desta vacina farase mediante unha modalidade pioneira, o acordo de risco compartido, en función dos resultados.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page