top of page

O programa “Nos@s maiores, mellor acompañad@s” chega a Silleda este mes con formación gratuita

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Esta iniciativa da Fundación Amigos de Galicia impartirase polas tardes no Centro Social dos Maiores de Silleda


Laura Moure/Silleda

O programa “Nos@s maiores, mellor acompañad@s”, que promove a Fundación Amigos de Galicia recala en Silleda este mes de marzo. Esta iniciativa, en colaboración co departamento de Benestar do Concello de Silleda, contará con cursos formativos gratuitos para fomentar a autonomía e a independencia das persoas maiores.

Ante o éxito da iniciativa, con preto dunha trintena de persoas anotadas, faránse dúas quendas: de 16:00 a 18:00 horas e de 18:00 a 20:00 horas, no Centro Social dos Maiores de Silleda.


Os cursos comezarán o vindeiro martes día 7 e prolongaránse durante todos os martes de marzo  ( os días 7, 14, 21 e 28) con actividades gratuitas de ensino, nas que se instruirá ás persoas  participantes no uso de novas tecnoloxías. As actividades formativas teñen como fin que as persoas maiores de 65 anos sexan capaces de desenvolverse cun caixeiro automático (o curso conta cun simulador para realizar transferencias, pago de recibos, etc), utilizar o teléfono móbil (agregar contactos na axenda, realizar vídeochamadas, utilizar o GPS, descargar aplicacións, conectarse a unha rede Wifi, entre outras), utilizar as máquinas de quendas dos hospitais e operar na aplicación do Sergas.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Dende o departamento de Benestar a concelleira Ángela Troitiño agradece á Fundación Amigos de Galicia estas actividades, que veñen a complementar o ciclo Silleda Activa, impartido dende hai anos polo Concello de Silleda, e anima ás persoas mmaiores de 65 anos a asistir a este ciclo informativo.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page