top of page

O programa Mulleres en Acción Violencia Zero volta a vindeira semana a Silleda

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Será a cargo da compañía Enconarte Producións e terá lugar o mércores para o alumnado de 3º e 4º da ESO do CPR María Inmaculada no Salón Parroquial


Laura Moure/Silleda

O programa Mulleres en Acción Violencia Zero, da Deputación de Pontevedra, volta a Silleda a vindeira semana. A cita será o mércores 28 de abril ás 12:00h no auditorio do Salón Parroquial, co alumnado de 3º e 4º da ESO do colexio María Inmaculada.


A compañía Enconarte Producións realizará a acción que leva por título Sorpresa, unha peza feita por mulleres, para falar de mulleres. Ca excusa dunha festa o público viaxará pola vida de Nora, unha muller que deixou a súa profesión para exercer de nai, unha muller educada no catolicismo feroz e no patriarcado, unha muller medicada e unha muller intelixente, riquiña e sensible e con intensas ganas de xogar de vivir e de amar. Serán 20 minutos de tiovivo emocional con moitas risas, mais tamén moita emoción, nun espectáculo interactivo sen pelos na lingua, que dá conta do empoderamento dunha muller. Arantxa Treus (Vigo, 1975) é a protagonista desta peza. Formouse como como actriz na Artística (Vigo) e na Escola de Teatro Arte4 (Madrid), onde estudou voz e interpretación audiovisual. Xurxo Cortázar pon a voz en off.

Tento en conta a situación pola que está a pasar o sector da cultura, coa crise actual esta sexta edición do programa Mulleres en acción: Violencia zero, da Deputación de Pontevedra, preséntase como máis urxente e necesaria se cabe, supoñendo un apoio real ás creadoras e aposta pola sensibilización nun momento no que non se pode tolerar un paso atrás na loita a favor da igualdade.

Unha actividade do programa Violencia Zero en Silleda en 2018.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page