O programa integrado de Palas pon en marcha a formación para 100 participantes con 30 accións
- Laura Moure

- 20 ago 2022
- 2 min de lectura
Está dirixido só para mulleres e promovido e cofinanciado pola agrupación de concello de: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, Páramo e Guntín
Laura Moure/Palas de Rei
O programa integrado do Concello de Palas de Rei pon en marcha a formación para as 100 participantes con 30 accións formativas en modalidade teleformación con accións colectivas presenciais de reforzo para favorecer a participación.
Dito programa, dirixido unicamente a mulleres, está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e promovido e cofinanciado pola agrupación de concello de: Palas de Rei, Monterroso, Antas de Ulla, Portomarín, Páramo e Guntín. As participantes son de estes citados municipios e de municipios da provincia de Coruña como Melide, Arzúa, Sobrado, Boimorto, Toques e Santiso.

Destacar o interese das alumnas por formarse en diversas materias para as cales a participación é de mais de 20 alumnas e son temáticas relevantes para a mellora da inserción laboral e do desenvolvemento socioeconómico da comarca, posibilitando a inserción laboral das mulleres en situación de desemprego e as empresas a atopar persoal cualificado.
En canto a temática e número de participantes, convén destacar:
- En Internet, redes sociais e dispositivos dixitais, 23 alumnas
- Inserción laboral, sensibil. Medioambiental e na igualdade de xénero, 24 alumnas.
- Inglés Prosesional para turismo, 21 alumnas
- Básico de prevención de riscos laborais, 21 alumnas
- Manipulador de alimentos, 31 alumnas
- Habilidades sociais, comunicación, intelixencia emocional e traballo en equipo, 22 alumnas
- Acompañante de transporte escolar, 36 alumnas.
- Monitor de Tempo libre, 22 alumnas.
As acción formativas a realizar serán 30 con duración que varía e toda formación do catálogo de especialidades formativas do Catálogo do Sepe. A plataforma para a formación estará aberta dende o día 8 de agosto ata finais de outubro para que todas as alumnas podan facer a formación e prácticas en empresas para así acadar unha mellor cualificación e procurar a inserción laboral co apoio do asesoramento técnico das orientadoras do programa.







Comentarios