O Programa “Goza do Ulla” chega a Arzúa o día 28 co Roteiro da Fervenza das Hortas
- Laura Moure
- 13 sept 2024
- 2 Min. de lectura
É necesario inscribirse previamente
Laura Moure/Arzúa
O Programa “Goza do Ulla” chega a Arzúa co Roteiro da Fervenza das Hortas. Un ano máis chega este programa no que 20 concellos propoñen as súas rutas de sendeirismo arredor do Río Ulla, e nesta ocasión o Concello de Arzúa, a través da Concellería de Turismo, ten o pracer de organizar unha ruta á fermosa Fervenza das Hortas. "O sábado, 28 de setembro, invitámosvos a participar nesta ruta de sendeirismo que permitirá descubrir un dos paraxes naturais máis fermosos da nosa contorna", sinala Begoña Balado, concelleira de Turismo e acción Urbana.

A edil destaca que a Ruta Lineal da Fervenza das Hortas “é unha oportunidade única para coñecer de preto un dos espazos naturais máis especiais de Arzúa, onde a beleza da paisaxe e a tranquilidade do entorno ofrecen unha experiencia inigualable para os aman-
tes da natureza”.
Publicidade
Ruta lineal
A Ruta da Fervenza das Hortas, situada en Arzúa, é un tesouro natural que ofrece aos visitantes unha experiencia inmersiva no corazón da paisaxe galega. Ideal para os amantes da natureza e a fotografía, a ruta destaca pola súa beleza natural, converténdoa nun destino perfecto para unha xornadade sendeirismo relaxada e enriquecedora. O son constante da auga e a pureza do entorno fan desta ruta unha xoia oculta que capta a esencia virxe do rural galego.
O punto de encontro será na Praza de Galicia ás 9:00 horas, onde un autobús de balde trasladará aos participantes ata o punto de inicio da ruta, a Capela da Fonte Santa. A actividade terá unha duración aproximada de 5 horas, e ás 14:00 horas o autobús regresará cos sendeiristas ao punto inicial en Arzúa.
Publicidade
Para inscribirse, é imprescindible reservar praza contactando coa oficina de Turismo de Arzúa no teléfono 981 508 056, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:00 a 18:30 horas, ou enviando un correo electrónico a turismoarzua@gmail.com.
"Non perdas esta oportunidade de coñecer un dos enclaves naturais máis destacados da nosa comarca!", recalca Balado.
Comentarios