A cita, para o público adulto, será o domingo 7 de novembro no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira ás 19:00 horas con entrada libre
Laura Moure/Silleda
O programa FalaRedes de dinamización lingüística volta a Silleda, co teatro como protagonista. A cita será o vindeiro domingo 7 de novembro no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira, ás 19:00 horas, ca representación de Bernarda, de Malasombra Producións, unha historia próxima, comprensible e universal.
Protagonizada polas actrices galegas Luisa Merelas (coñecida por ter participado en series como Matalobos, e películas como Fariña e premio Maria Casares á mellor actriz en 2017): Celia González (que acadou o pasado ano o María Casares á mellor actriz secundaria con esta obra) e Esther Aja, a obra está escrita e dirixida polo autor naronés José Luis Prieto, que ten no seu haber varios premiso Max.
O texto, para público adulto, inspírase na coñecida obra lorquiana, (A casa da Bernarda Alba) e traslada a escea á Galicia de 1975. A peza, que acadou varios premios na edición dos María Casares do ano pasado (mellor espectáculo, mellor texto orixinal, mellor dirección e mellor actriz secundaria) e foi seleccionada como candidata ao premios Max de 2021, arranca cun plantexamento moi parecido ao da célebre obra de Lorca: unha muller queda viuva e imponse na casa o luto máis estricto.
O conflito xeracional
O conflito xeracional entre pais e fillos está tamén presente nesta obra, na que Luisa Merelas, unha das actrices galegas máis recoñecidas da súa xeración, da vida a esta Bernarda galega, nunha proposta na que tampouco falta o humor negro.
A entrada ao espectáculo será libre ata completar aforo. Está recomendada para público adulto (a partir de 14 anos).
Dano Cerebral
Por outra banda, este luns e hoxe, martes, o Concello de Silleda ilumina de azul a fachada do Consistorio, sumándonos así á campaña do colectivo Sarela para conmemorar o Día Internacional do Dano Cerebral Adquirido. E por outra, hoxe remata o prazo para solicitar as axudas ao estudo, dirixidas a universitarios/as e estudantes de ciclos formativos. Está todo colgado na web municipal.
Comments