top of page

O Programa de Mellora nos cascos urbanos de Silleda continúa co arranxo de vías e beirarrúas

Este Concello xa reabriu as pistas municipais de pádel


Laura Moure/Silleda

O Programa de Mellora dos cascos urbanos de Silleda continúa estos días con diversas actuacións. Así, reparouse xa o tramo de beirarrúa sito na rúa Antón Alonso Ríos de Silleda, ca dotación de formigón. Tamén nos últimos días se procedeu a limpeza da rúa Quintás. Nas inmediacións desta última, a brigada municipal acometeu así mesmo a finalización dos traballos no socavón que se abriu por unha avaria do alcantarillado no tramo da rúa dos Castros de Toiriz. Igualmente, se procederon a realizar melloras no entorno da praza da Igrexa, ca reparación de lousas de pizarra nun dos tramos.


Nas vindeiras xornadas iniciarase tamén o repintado dos pasos de peóns máis deteriorados dos cascos urbanos, traballos que se irán compaxinando con outros arranxos. Estas labores realizanse logo da incorporación de 10 novos operarios a través do Plan Máis Provincia da Deputación de Pontevedra.

Ademais do equipo formado para os cascos urbanos de Silleda e da Bandeira, formáronse outras dúas brigadas para traballar no rural, na reparación da rede viaria, entre outros.


Ronda de reunións nas parroquias

Por outra banda, continúan esta semana as reunións do goberno municipal, dirixido por Paula Fernández, nas parroquias. Hoxe, xoves, a cita será en Negreiros (21:00 horas). O vindeiro luns o executivo estará en Parada e o xoves día 18 en Taboada.


Por outro lado, o goberno municipal de Silleda lembra aos veciños e veciñas as obrigas de manter limpas as fincas e solares. Como vén sendo habitual nos últimos continúanse a remitir requerimentos aos propietarios/as dos terreos que non cumplen coa ordenanza de limpeza e vallado de solares ou coa Lei de Prevención e Defensa de Incendios (Lei 3/2007).


Nas últimas semanas xa se iniciaron varios expedientes requerindo a varios propietarios que procedan á limpeza e desbroce de terreos, por non cumprir co estipulado na normativa. Nestes avisos advírteselles ás persoas propietarias , que deben de acometer os

traballos limpeza e desbroce da maleza das súas propiedades, para conservar as condicións de seguridade, salubridade, ornato público e calidade ambiental, que establecen as normativas.


Convenio con Seaga e bandos informativos

Por outra banda, lémbrase tamén que a partir deste ano o Concello vén de sumarse ao convenio co Servicio Agrario Galego (Seaga) para a limpeza das faixas situadas en zona de protección dos núcleos rurais. No caso de que as persoas propietarias non asuman a limpeza das súas parcelas de forma voluntaria, o Seaga fará os traballos e as persoas propietarias asumirán os custes de forma subsidiaria. Do mesmo xeito, xa se colocaron bandos informando en todas as localidades do municipio.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por último, informar que o Concello de Silleda vén de reabrir na xornada deste mércores as pistas municipais de O Castro, que estaban pechadas ao público dende o pasado xoves 28 de marzo. O día anterior, o paso do ciclón Nelsón afectou a estas dependencias municipais varias chapas da cuberta. Unha vez reparados os desperfectos, as pistas reabriron onte para uso e disfrute da veciñanza, que para o seu uso debe realizar a reserva a través da pasarela instalada na web municipal.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page