As sesións están dirixidas a persoas en fase de idea de negocio ou ben xa con empresas en funcionamento que precisen formación ou axuda para medrar
Laura Moure/Silleda
O programa de Coworking Pontevedra para persoas emprendedoras, da man da Deputación de Pontevedra, recalará en Silleda nas vindeiras semanas. Este programa, con mentorías que se desenvolverán nas instalacións do Viveiro de Empresas de Área 33, están
dirixidas a persoas emprendedoras en fase de idea de negocio, ou ben xa con empresas en funcionamento pero que precisen formación/axuda para medrar. En total serán 60 horas de formación en distintas materias.
O programa, que tamén se impartirá en Vigo e Tui, segue a metodoloxía da Escola de Organización Industrial (EOI), que busca poñer en marcha nun corto espazo de tempo as ideas das persoas emprendedoras. A través destas sesións as persoas participantes terán acceso a Talleres Formativos, impartidos por expertos en diferentes áreas (Innovación, Marketing, Financiación, Comunicación…) así como a Mentorías Individuais con mentores/as que os acompañarán no desenvolvemento do proxecto.
O prazo de inscrición vén de ampliarse ata o vindeiro mércores 19 e a duración do programa é de dous meses e medio. As persoas interesadas poden inscribirse na web www.eoi.es, nos espazos coworking. Para obter máis información, tamén se pode contactar co teléfono 653 295 786 ou ben a través do correo electrónico cwpontevedra@eoi.es
Comments