O programa de actividades do Goberno español para a animación lectora chega ao IES Laxeiro de Lalín
- Laura Moure
- 10 oct 2023
- 2 Min. de lectura
Terá lugar en 13 centros galegos e durante os encontros literarios os autores e autoras falarán sobre a súa obra e oos procesos creativos mantenendo un diálogo abierto co alumnado
Laura Moure/Lalín
O Ministerio de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, pon en marcha unha nova edición do programa de actividades literarias en Institutos de Ensino Secundario de titularidade pública, que chegará a 13 centros galegos, entre eles aos IES Laxeiro de Lalín.

O proxecto, que se desenvolve en Galicia entre o 24 de outubro e o 15 de novembro, conta coa participación de Paula Carballeira Cabana (recentemente galardoada co Premio Nacional de Literatura Dramática), Manuel Loureiro Doval, Miriam Ferradáns Ferradás, Manuel Cranio, María Sánchez Rodríguez, Manuel Carlos Núñez Singala, Jesús Castro Yáñez, Alba Cid, ChikiFabregat e Cristina García Morais.
Publicidade
Durante estes encontros literarios os autores falarán sobre a súa obra e os seus procesos creativos e manterán un diálogo aberto co alumnado. Con máis de dúas décadas de traxectoria, este programa de animación lectora ofrece ao alumnado a oportunidade de coñecer de preto o traballo de narradores, poetas, dramaturgos, ilustradores ou tradutores, e supón unha oportunidade para que os autores participantes tomen o pulso dos intereses dos mozos lectores.
Os encontros terán lugar nas catro provincias: na Coruña, no centro A Picota de Mazaricos, en Coristanco e Boqueixón ademais de en a capital coruñesa, Castroverde, Quiroga e Meira, en Lugo. Na provincia de Ourense celebraranse en dous IES da capital ourensá e tamén en Allariz, mentres que en Pontevedra terán lugar nun centro de Lalín e dous en Cangas de Morrazo. Na elección das actividades propostas priorízanse aqueles institutos que participan por primeira vez no programa ou que non tiveron actividade o ano anterior. Así mesmo, valorouse a diversidade entre xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro, ensaio…), a variedade da traxectoria do autor ou autora ou a paridade.
Publicidade
No IES Laxeiro de Lalín será o 15 de novembro a cargo de Cristina García. O resto de centros pode consultarse no seguinte enlace: https://mpt.gob.es/portal/delegaciones_gobierno/delegaciones/galicia/actualidad/notas_de_prensa/notas/2023/10/2023_10_09_01.html
Commentaires