É necesario pedir cita previa e está destinado aos maiores de 55 anos
Laura Moure/Toques
O Concello de Toques disporá do servizo asistencial Coidados Porta a Porta da Xunta de Galicia para a prevención da dependencia o 29 de xullo e o 1 e 2 de agosto. Está destinado a persoas maiores de 55 anos.

Para asistir é necesario pedir cita: 622 748 283 / 623 546 992 onde tamén proporcionan información ao respecto. Este servizo, centrarase nas patoloxías máis comúns nas perosas maiores, como poden ser, problemas nos pés, dificultades co oído e/ou estimulación da memoria.
Charla
As consultas serán na praza do Edificio Multiusos (antiga escola). Os interesados, tamén poden participar nunha charla de 40 minutos durante a cal se informará dos aspectos máis importantes da saúde.
Comentarios