“Libros que alimentan”, unha iniciativa solidaria que voltou un ano máis ás aulas e pasillos do CEIP Ramón de Valenzuela durante a celebración do Día do Libro
Laura Moure/Silleda
A concellería de Benestar Social de Silleda, que dirixe Ángela Troitiño, vén de programar
unha nova edición do Programa Anduriña, unha iniciativa de alfabetización e integración cultural para a poboación inmigrante empadronada no Concello de Silleda e maior de idade. Así, dende a vindeira semana e ata o mes de xuño impartiranse cursos de galego e español, de xeito gratuíto, na Casa da Xuventude.
Publicidade
As sesións de lingua española serán os luns (de 9:00 a 11:00) e martes (de 11:15 a 13:15), comezando o vindeiro luns día 6 de maio. As clases de lingua galega inícianse tamén o luns 6 e serán os luns (de 11:15 a 13:15) e martes (de 9:00 a 11:00).
En castelán hai case 30 persoas inscritas e en galego un grupo de 10 persoas. Con este programa dende o Concello de Silleda búscase facilitar a integración das persoas inmigrantes.
Publicidade
Por outra banda, o Concello de Silleda vén de recibir unha nova doazón para o banco de
alimentos do programa municipal Silleda Solidaria. Trátase da iniciativa “Libros que alimentan”, que levou a cabo o alumnado do CEIP Ramón de Valenzuela, na cal durante a Semana do Libro foron intercambiando alimentos non perecedoiros por libros.
A concelleira de Benestar, Ángela Troitiño, foi a encargada de recoller esta doazón. Dende o Concello agradécese este tipo de accións solidarias que buscan axudar ás familias do municipio con menos recursos.
Comentarios