top of page

O presidente do centro de Lalín, Agolada e Silleda en Bos Aires, José Luis Seoane, visita Silleda

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Silleda

O presidente do Centro de Lalín, Agolada e Silleda en Bos Aires, José Luis Seoane, visitou o Concello de Silleda, onde foi recibido polo alcalde, Manuel Cuiña, e as concelleiras Pili Peón, Ángela Troitiño e Mónica González. Seoane, que se atopa estes días de visita en Galicia, é ademais presidente de Ospaña, unha institución de Obra Social para a colectividade española na capital arxentina.

Con raíces en Silleda, -os seus pais eran veciños de Cumbraos, en Escuadro-, Seoane xa visitou en varias ocasións o municipio de Silleda. Xunto co alcalde e as concelleiras mantivo un encontro no que abordaron a situación da colectividade galega en Bos Aires, ou as recentes reformas no edificio do centro de Lalín, Agolada e Silleda.

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page