O pregón "dun neno de aldea" iniciou os cinco días de festas de San Miguel en Monterroso
- ecosdacomarca

- 28 sept 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Monterroso
Monterroso celebra hoxe, domingo, o seu terceiro día das festas do San Miguel. Estas arrancaron o venres co pregón de Pablo do Batán.

"Son o primeiro neno de aldea que ten o honor de dar o pregón das Festas do San Miguel", destacou o pregoiro. No seu discurso recoñeceu ser do equipo das parroquias e fixo un percorrido por toda a riqueza que atesouran.
PUBLICIDADE
Reivindicou que Monterroso é un pobo "solidario, onde as relacións humanas son estupendas incluso entre xeracións" e defendeu o orgullo dos veciños e veciñas de "ser de Monterroso". "A xente en Monterroso é amable e acolledora. Trata a todos ben sexan de onde sexan e axudan a quen o precisa", remarcou.
PUBLICIDADE
Tamén destacou que Monterroso "progresou e segue progresando, progresa vila e progresan as parroquias".

"Viva Monterroso. Vivan as súas festas de San Miguel e vivan todas as parroquias" concluíu o mestre.








Comentarios