top of page

O prazo para solicitar a bonificación no IBI das explotacións agrarias está aberto ata o 31 de marzo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Silleda foi o primeiro concello en aplicar esta medida, que entrou en vigor en xaneiro de 2017 no municipio


Laura Moure/Silleda

O prazo para solicitar a bonificación do 95% no Imposto de Bens Inmobiles (IBI) para as explotacións agrogandeiras acordada polo Concello de Silleda está xa aberto. A modificación da ordenanza que regula esta bonificación aprobouse en pleno en maio de 2016, entrando en vigor a medida en xaneiro de 2017.


A normativa establece que esta medida debe aplicarse con carácter rogado, o que significa que os propietarios deben de solicitar esta bonificación. As solicitudes poden presentarse ata o 31 de marzo. Nos últimos anos tramitáronse preto de 300 solicitudes por anualidade.

Os propietarios de granxas, estabulacións, naves, galpóns, ou invernadoiros –sempre que estén en activo- deben acudir Punto de Información Catastral (PIC) do Concello, situado nas oficinas municipais da rúa Alfonso Trabazo, para solicitar a correspondente bonificación. Alí deberán de presentar a documentación oportuna para acollerse a este

desconto. No caso daqueles veciños que xa solicitaron no ano anterior a bonificación, terán que acreditar só que continúan coa actividade agraria.


Coa modificación da normativa municipal recóllese a bonificación do 95% da parte da cuota íntegra do Imposto de Bens Inmobles (IBI) na construcción de instalacións rústicas indispensables para o desenvolvemento de explotacións agrícolas, gandeiras e forestais, coa declaración previa de especial interese e utilidade pública municipal, social e de fomento do emprego.


Unha medida pioneira

Esta medida xurdiu como resposta á aplicación da resolución da Dirección Xeral do Catastro, que marcaba como prazo ata o ano 2016 para levar a cabo a actualización pola cal se teñen que catastrar todas as fincas do rural, así como dar de alta bens como instalacións rústicas, que son catalogadas como almacéns ou vivendas.


A consecuencia disto, as instalacións agrarias pasaron a incluirse nese mesmo ano no Imposto de Bens e Inmobles, pasando a pagar a cota correspondente.


Dende o Concello, e acolléndose á normativa que permite as bonificacións potestativas, instouse ó pleno a establecer o máximo permitido de bonificación da cota íntegra do IBI, (95%), declarando ao sector gandeiro como sector estratéxico. Silleda convertiuse no primeiro municipio de Galicia en aplicar esta medida.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Nos vindeiros días dende o Concello colocaránse bandos informativos en todas as parroquias para avisar aos potenciais beneficiarios deste prazo. A ordenanza establece que a medida é de carácter rogativo, polo que debe de solicitarse por parte dos propietarios con cada anualidade.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page