top of page

O prazo de admisión nos centros escolares para o próximo curso abre este lunes hasta el 22 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Vai dirixido a todo ao alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e Bachillerato que desexen cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles

Laura Moure

Desde mañá luns e ata o 22 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o próximo curso 2021/22, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, de Educación Primaria de ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


As solicitudes de admisión poderán presentarse a partir do día 1. As persoas interesadas poden facelo de tanto de maneira telemática na aplicación AdmisionAlumnado' (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado)como de maneira presencial nos centros escolares que se elixan como primeira opción, prazo que permanecerá aberto ata o 22 de marzo. A publicación das listas provisionais de persoas admitidas e non admitidas publicaránse antes de 25 de abril , e as definitivas antes de 15 de maio . Posteriormente abrirase o prazo de fomalización de matrícula, que será do 20 ao 30 de xuño para alumnado de Infantil e Primaria, e do 25 de xuño ao 10 de xullo para o de ESO e Bacharelato. Estes últimos contarán, ademais, cun prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 10 de setembro.


A ferramenta informática de admisión posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación. Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao felicitar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.


Sorteo de letra

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar o pasado xoves na Consellería de Educación, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “ W” e S “” para o primeiro apelido e B “” e F “” para o segundo. O calendario de admisión e matrícula réxese pola Orde do 12 de marzo de 2013 modificada pola Orde do 18 de decembro de 2020, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado, que estableceu o arranque do procedemento de admisión o pasado xaneiro unicamente para o alumnado que finalizaba etapa nun centro escolar e tiña que pedir praza nun centro adscrito (o que lle corresponde ao cambiar de etapa). Agora ábrese o prazo para o resto do alumnado, é dicir, o que entra por primeira vez no sistema ou desexa cambiar de centro no próximo curso.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page