top of page

O PP tilda de "situación dramática a economía do Concello de Melide vistos os expedientes da Comisión Informativa"

Ecos da Comarca/Melide

O Grupo Popular de Melide alerta "da situación dramática da economía do Concello

de Melide vistos os expedientes da Comisión Informativa". Sinala que a Interventora recorda reiteradamente a necesidade de ter presupostos anuais e cumplir co déficit de gasto e "dende o Partido Popular lamentamos que durante dous anos non se aprobaron os

presupostos. Estamos convencidos que é para ocultar unha situación que consideramos dramática".

"Dende a Intervención avisa do informe desfavorable dunha modificación de 900.000 euros para suplementar os capítulos 1, 2, 4 e 9 debido a un aumento sustancial de gastos. É preocupante o incumprimento en materia de contratación, así como os 14 contratos de servizos que levan caducados anos e polo tanto están en fraude de lei".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Así mesmo, o PP apunta que "da documentación da Comisión despréndese que a Corporación Local incumple co obxectivo de estabilidade orzamentaria e os incumprimentos tamén son reiterados nas medidas que por Lei ten que adoptar o Alcalde nosdiferentes plans de acción. Intervención tamén informa da necesidade de finanzamento de máis de 1.000.000 de euros. Iso quere dicir que pasamos dunha situación óptima ao que pode ser un desastre dificilmente recuperable en moitos anos. É tal o descontrol que hai informes de intervención nos cales se chega a dicir que de seguir así o servizo, periga entre outros, o pagamento de facturas a proveedores, a xestión de subvencións, as nóminas dos traballadores, etc".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

O Partido Popular lamenta "estar nesta situación xa que durante 5 anos non se executou ningunha das obras necesarias para dar os servizos que Melide se merece, non hai mais que lembrar que levamos 1800 días sen piscina climatizada, sen zona de baño apta no río Furelos ou mesmo coas parroquias rurais completamente abandonadas".


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page