O PP reafirma en Silleda "o seu apoio ao sector gandeiro a través de accións que fomenten a súa modernización e faciliten a remuda xeracional"
- ecosdacomarca

- 14 feb 2024
- 2 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
O responsable de Medio Rural do Goberno autonómico e número tres pola lista do Partido Popular en Ourense, José González, acompañado polo candidato por Pontevedra José Balseiros, polo voceiro municipal, Ignacio Maril, e por responsables da Central Agropecuaria de Galicia, entre outros, visitou este martes as súas instalacións situadas en Silleda. Nesta localidade, reafirmou o compromiso do Partido Popular de Galicia a prol do
sector gandeiro, clave na economía galega.

José González aproveitou a visita para poñer en valor as estratexias sectoriais postas en marcha nos últimos anos vinculadas á gandaría, que son a do sector lácteo e a do cárnico. A primeira busca ser unha panca de acción para este eido, co fin de garantir a sustentabilidade e a estabilidade no funcionamento de toda a cadea de valor e, sobre todo, nos prezos dos produtos. A segunda ten como principal obxectivo situar a Galicia como rexión produtora de carne de referencia cun alto nivel de competitividade e sustentabilidade, dispondo dun sector organizado e profesionalizado para fomentar unha industria competitiva, líder en calidade, e promovendo unha cadea de valor máis transparente e equilibrada.
Publicidade
Por outra banda, o responsable de Medio Rural do Goberno autonómico resaltou que o sector agrogandeiro é un dos piares económicos de Galicia, polo que favorecer a súa remuda xeracional cobra suma importancia. A través dunha clara aposta por conseguir esa sustentabilidade no sector, dende o 2009 ata 2024 incorporáronse 5.000 mozos á actividade agrogandeira, con axudas xestionadas pola Xunta.
Publicidade
José González sinalou que o compromiso co sector non remata con estas accións, xa que este ano destinaranse 83 millóns de euros para modernización e remuda xeracional, tamén se reforzarán outras actividades como a gandaría en extensivo pola dobre finalidade que cumpre. Por un lado, favorece ao sector económico coas súas producións e por outra contribúe a minimizar o impacto dos incendios forestais a través da prevención.
Ademais, destacou que a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as súas ferramentas están poñendo en valor terreos infrautilizados, aos que se lles dá unha nova vida e, en moitos casos, con orientacións produtivas vinculadas á actividade gandeira. Esta lexislación, xunto coas concentracións parcelarias, permitiron mobilización de 35.000 hectáreas e o obxectivo é seguir medrando para acadar as 65.000 nos vindeiros catro anos.








Comentarios