top of page

O PP quere saber por que o Concello "non xustificou a subvención para persoal técnico deportivo"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O concelleiro de Deportes José Prado afirma que Melide si ten concedida esta axuda e convida ao PP “a non enredar con mentiras e a ler atentamente a documentación oficial”


Ecos da Comarca/Melide

O PP de Melide solicitará o acceso ao expediente do Concello de Melide no que respecta a contratación de persoal deportivo toda vez que no BOP do 29 de abril do ano 2022 aparece que o Concello de Melide co goberno de AM-PSOE ao fronte “Desistíu da solicitude”.

Dalia García, a portavoz dos populares melidenses sinala que “esta é unha mostra máis da desidia que existe dentro do goberno bipartito de Pérez respecto dos intereses municipais; unha subvención que se solicita e xustifica por defecto dende hai máis dunha década agora pérdese tendo que facer fronte o Concello dos custos do persoal”.


O PP decidiu solicitar as causas e a audiencia do expediente na Deputación da Coruña "toda vez que o goberno bipartito AM-PSOE ten unha media de acceso aos expedientes de dous meses así como outros dous para obter copia dos mesmos, o que nunca pasou no Concello de Melide", sinala a portavoz dos populares melidenses. “Estamos estudando xuridicamente a falta de aplicación da lei de transparencia de Galicia que tamén engloba ás entidades locais e durante as próximas semanas iniciaremos accións ao respecto; a democracia entendida polo alcalde melidense perde toda a súa substancia”, asevera a líder da formación popular.


O PSOE acusa aos populares de mentir

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes de Melide, José Prado, afirmou hoxe mesmo que o Concello é beneficiario dunha subvención da Deputación da Coruña, por un valor de 10.000 euros, para o mantemento ou creación de postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de deportes. A resolución positiva da Deputación concédese ao abeiro do Programa FO106/2022, e foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 29 de abril.

José Prado referiuse a esta subvención, debidamente consignada na publicación provincial, para acusar ao Partido Popular de Melide de empregar “a mentira e a manipulación” para actuar politicamente en Melide. “Fixérono no goberno e fano agora que están na oposición”, sinala Prado, para quen “esta maneira de actuar propagando bulos degrada a política local”.

O edil de Deportes referiuse así á información na que o PP afirma que o goberno melidense perdera a subvención destinada a persoal técnico deportivo. “É importante pararse a ler os documentos oficiais e non deixarse levar pola necesidade de fabricar titulares constantemente, sobre todo titulares falsos”, rematou Prado, convidando á oposición a “non enredar con mentiras e ler atentamente a documentación oficial”.

O Boletín Oficial da Provincia recolle, no número do 29 de abril e dentro do apartado de Administración Local, a resolución da concesión definitiva do Programa FO106/2022. A concesión aprobada ao Concello de Melide aparece na páxina 4 do devandito documento.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

ILUMINADOS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page