Acusa ao bipartito de "non solucionar esta situación a pesar de ser informado da mesma"
Ecos da Comarca/Melide
OPP de Melide trasmite ao bipartito AM-PSOE varias queixas que afirma que recibiu sobre enseres abandonados, puntos de vertido incontrolados "así como a deixadez e falta de limpeza no mobiliario urbano durante meses que só se arranxa no caso de que se denuncie na prensa".

En concreto, menciona que isto pasa en varias rutas periurbanas que a veciñanza utiliza para pasear e que están consolidadas ao longo do tempo como “senda do colesterol”, nas que se "poden encontrar imaxes de abandono de enseres e o conseguinte dano ao medio ambiente sen que o o bipartito AM-PSOE faga nada durante meses", critica.
Dalia García, a portavoz dos populares melidenses, sinala que “temos denunciado publicamente multitude de situacións nos que non hai mantemento no mobiliario público, puntos de vertedoiro incontrolado que só se solucionan se o informa a oposición, mobiliario público roto ou extremadamente falto de mantemento que funciona da mesma maneira: só se soluciona se o denuncia o PP”.
Isto demostra, din os populares, "o pouco traballo que os responsables municipais realizan sobre da xestión diaria do pobo o que deriva nunha imaxe moi mala da nosa vila. O PP seguirá facéndose eco das demandas veciñais así como instando a que quen é responsable faga o seu traballo", recalca.
Komentāri