top of page

O PP esixirá no Congreso a execución urxente da modernización integral da estrada N-640

Os deputados pontevedreses Pedro Puy, Irene Garrido e Juan Bayón anunciaron onte esta iniciativa nun acto celebrado en Monterroso xunto á presidenta provincial do PP lucense e os parlamentarios desta provincia



Ecos da Comarca/Deza/A Ulloa

"A estrada N-640 é unha infraestrutura fundamental para a conectividade dos municipios galegos polos que transcorre, desde Trabada ata Vilagarcía de Arousa, pasando A Pontenova, Meira, Lugo, Guntín, Monterroso, Agolada, Lalín, Silleda, A Estrada, Cuntis e Caldas de Reis, entre outros, supoñendo o seu deplorable estado actual en moitos tramos un grave prexuízo tanto para a seguridade viaria como para o desenvolvemento socioeconómico de todos os concellos". Así o manifestaron a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia; os deputados do PP no Congreso, Francisco Conde, Cristina Abades, Pedro Puy, Irene Garrido e Juan Bayón, ademais do alcalde de Monterroso, que comprobaron este sábado "o nefasto estado da N-640 ao seu paso por este municipio, que por desgraza é similar ao resto polos que discorre, e anunciaron que veñen de presentrar unha iniciativa na Comisión de Seguridade Viaria do Congreso dos Deputados relativa á mellora da seguridade viaria nesta estrada".

A iniciativa que defenderán os populares pide priorizar e iniciar, con carácter urxente, as obras de reparación integral do firme, a mellora da sinalización horizontal e vertical, e a instalación de iluminación adecuada na N-640 en todos os tramos que presentan un estado máis deficiente, entre os que se atopan os sete municipios da provincia de Pontevedra que forman parte do seu percorrido.



Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Tamén é necesario que o Ministerio de Transportes e Movilidade Sostible asegure a planificación e o financiamento para o mantemento desta estrada, asegurando que se dispoña dun pavimento adecuado, sinalización visible e iluminación suficiente para favorecer unha circulación segura e fluída a todos os condutores. O deputado Francisco Conde explicou que “a falta de mantemento ten convertido a N-640 nunha das estradas que peor estado ten en Galicia, presentando carencias graves, entre elas, o deterioro do firme, nomeadamente en tramos non urbanos, con condicións moi deficientes, mal estado do firme, fochancas e deformacións que incrementan o risco de accidentes, curvas sinuosas, mala iluminación e case inexistente sinalización horizontal”.


Mal estado na provincia de Pontevedra

Pola súa banda, o deputado vilagarcián Juan Bayón expuxo a situación desta estrada na provincia de Pontevedra, afirmando que “dende Agolada ata Vilagarcía, o estado da N-640 é lamentable, algo que se entende perfectamente que non se trata dun problema que xurda da noite a mañá, senón que son case sete anos de absoluto abandono por parte do Goberno de Pedro Sánchez”.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Juan Bayón recordou “as numerosas promesas de arranxo e mantemento incumpridas por Pedro Sánchez” porque a realidade constatable “é que non se inviste absolutamente nada nesta estrada e tampouco en ningunha das outras once vías nacionais da provincia de Pontevedra, que teñen 317 quilómetros e 125.000 usuarios diarios que están abandonados á súa sorte polo executivo do PSOE”.


Finalmente, o parlamentario arousán lamentou que “o PSOE segue sen cumprir ningún dos seus compromisos en materia de infraestruturas” coa provincia, poñendo como exemplo a variante da Estrada “que segue sen materializarse malia ser un dos compromisos asinados por PSOE e BNG no pacto que levou a Pedro Sánchez á presidencia do Goberno en 2017 e, aínda en 2025, non se cumpriu, algo ao que estamos acostumados polo castigo socialista ao noso territorio e pola febleza absoluta do Bloque en Madrid”.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page