top of page

O PP esixe ao Goberno que manteña as paradas de buses de Lalín, Tui, O Porriño, Silleda e Forcarei

Acusa aos socialistas de “mentir” sobre o baixo uso destas liñas e lamenta os seus supostos criterios de rendibilidade das concesións


Ecos da Comarca/Lalín

O PP Provincial de Pontevedra vén de esixirlle ao Goberno de España que cumpra escrupulosamente co mandato do Congreso dos Deputados e revise a súa proposta de novo mapa competencial estatal de transporte público co gallo de manter as paradas de autobús interautonómicas nos concellos de Lalín, Tui, O Porriño, Silleda e Forcarei. Os populares Pedro Puy, Irene Garrido e Juan Bayón indicaron que a Cámara Baixa aprobou unha Proposición Non de Lei (PNL) presentada polo PP na que se amosaba o rexeitamento ao borrador proposto polo Executivo central, “posto que o mesmo se contemplaban importantes recurtes que afectaban moito á Galicia e que prexudican aos cidadáns ao minguar as súas conexións con outras comunidades e tamén reducir as frecuencias entre os distintos concellos de Galicia”.

Ao respecto, Juan Bayón lembrou que o PP “mantivo desde o principio unha postura firme na defensa das vilas medias e dos concellos rurais e de interior da nosa provincia, que pretenden ser laminados por parte do PSOE no novo mapa estatal de transporte público malia que o mantemento destas paradas é unha medida fundamental para favorecer o reequilibrio, impulsar a súa socioeconomía e potenciar a súa mobilidade”.


Neste senso, o parlamentario apuntou que a provincia de Pontevedra é a más prexudicada por este novo intento de recurte do Goberno de España en materia de transporte, xa que atenta directamente "contra os intereses das tres capitais das bisbarras de Deza, Baixo Miño e Louriña e deixa sen este servizo a 70.000 pontevedreses".


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Juan Bayón acusou ademais ás agrupacións socialistas dos concellos afectados de “mentir” sobre o baixo uso destas liñas “nun intento lamentable de defender aos seus xefes do PSOE en Madrid fronte a un recurte e un agravio, outro máis por desgraza, contra a provincia de Pontevedra”. Neste senso, indicou que "estas liñas non son empregadas exclusivamente por veciños destes cinco concellos que se dirixen a outras comunidades autónomas, senón que serven moito e son moi empregados para viaxes entre os municipios nos que hai paradas, poñendo como exemplo a conexión Lalín-Silleda".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Finalmente, criticou que o Goberno de España xustifique esta supresión de paradas en supostos criterios de rendibilidade das concesións, “o que demostra que o chamado ‘escudo social’ é só un eslogan porque non teñen o mínimo escrúpulo á hora de recurtar servizos públicos cando non lle saen os números e, ademais, adoptan a postura egoísta de querer endosarlle á Comunidade Autónoma a cobertura dos mesmos”.


Por elo, indicou que o PP vai seguir traballando para que esta proposta de mapa de servizos de transporte público sexa tumbada e revisada para poder manter as paradas nestes cinco concellos, “porque non pode ser que só nos deixen con estas conexión en Vigo, Pontevedra, Ponteareas e Sanxenxo”.


NOTICIA RELACIONADA:


Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page