"O PP e o BNG en vez de oposición, fixeron conformación co goberno local", di Contigo Silleda
- ecosdacomarca

- 25 feb 2023
- 1 Min. de lectura
E considera que "o estado desmantelado das pistas municipais, débese á indiferenza dos grupos da oposición"
Ecos da Comarca/Silleda
O presidente de Contigo Silleda, Julio Ramos, denuncia "que o estado desmantelado das pistas municipais, débese á indiferenza do PP e BNG de Silleda". E sinala que "sopesan moitas dúbidas, en que as dúas formacións políticas con representación local, no canto de facer oposición, fixeron conformación co goberno socialista de Silleda"

Considera que "foron cómplices”vendo como o equipo de goberno que representa Manuel Cuiña non fixo nada en beneficio da veciñanza e mantivéronse ás ordes dando a espalda política á veciñanza. O goberno non fai nada e a oposición axúdalle".
Ademais, sinala que "o 60% das pistas e camiños da rede viaria do rural do Concello de Silleda, atópanse sen poder realizar os mantementos adecuados (como raspado de cunetas, limpeza de tajeas, saneos e bacheos) que requiren para evitar que se deterioren, acaben rompéndose e creando crispación e malestar veciñal. Como pasa, por exemplo en varios viais que quedarían fóra do paquete de pavimentacións en lugares da parroquia de Escuadro, que case é imposible circular a 10 quilómetros por hora".
O goberno de Manuel Cuiña, apunta, "leva 16 anos carente dun equipo (ordinario e non puntual) de persoal cualificado para o departamento de vías e obras, para poder levar a cabo os traballos de mantemento adecuados e garantir a durabilidade e utilidade dos viais. Contigo Silleda lamenta que a poucos meses das eleccións municipais "teñen que “rogar” á Deputación para que lle contrate persoal puntual, para poder maquillar a súa xestión e defender a acomodada postura que lle brinda o PP e BNG á fronte do Consistorio".







Comentarios