top of page

O PP di que "o agobio de AM-PSOE por tardar en executar as obras afecta ao fin da tempada de fútbol"

Os populares melidenses recriminan "a premura por iniciar estas antes do período de sombra cando tiveron tempo suficiente para programalas"


Ecos da Comarca/Melide

ree

O PP de Melide aplaude a actuación de reposición do céspede do campo de fútbol municipal. "É unha actuación que nós, como formación, levabamos no programa, polo que cando se propuxo ao pleno, aínda que compartimos que o ideal era buscar convenios, apoiamos igualmente financiar esta obra que se aprobou por unanimidade. A cuestión non é esa, senón que, a un mes de rematar a tempada se inicien as obras, lamentando que a premura sexa a cita electoral do vindeiro maio e non se tivera en conta o calendario deportivo", subliña.

ree
Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"O ideal sería deixar rematar a tempada sen obrigar ás distintas categorías a desprazarse a diferentes concellos o que dificultará sen dúbida algunha os adestramentos e a conciliación coa vida laboral e familiar, destacan os populares, quen recollen "o malestar de boa parte das familias".


NOTICIA RELACIONADA:






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page