top of page

O PP de Vila de Cruces volve cuestionar a imaxe que presenta a área recreativa da Carixa, en Merza

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Denuncia que se atopa nun estado "calamitoso e de máxima perigosidade"


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Grupo Popular de Vila de Cruces denuncia publicamente "a situación de abandono na que se atopan numerosos espazos naturais, turísticos e diversas parroquias do concello. Levamos xa, alertados polos veciños e veciñas, os cales nos chaman desesperados para pedir a nosa axuda, numerosas denuncias sobre o calamitoso estado de lugares como

Fontao e o seu Poboado Mineiro, as Illas de Gres, as parroquias de Toiriz e Merza, as estradas que unen Carbia con Merza así como a de Piloño con Merza (na cal xa se produciu un accidente de tráfico pola falta de desbroces); numerosas denuncias do total abandono que o Concello de Vila de Cruces está a facer de todo o municipio", recalca. "Por desgraza, temos que seguir na mesma liña destes últimos días logo de que a indignación sexa total tanto nos usuarios da Área Recreativa de A Carixa en Merza como nos veciños desta parroquia".


Lembra que fai semanas que vén denunciando o estado de "abandono e de total falta de

mantemento desta área recreativa que compre recordar, presenta unha gran afluencia de usuarios, especialmente nestas datas de verán, tanto do noso municipio como de outros, como así o constata o feito da existencia de liñas de autobuses dende outros municipios. Ademáis conta cunha zona para caravanas, especialmente utilizada na época estival".

Algúns dos desperfectos que denuncia.


Sinala que "se antes non se facía un mantemento axeitado das papeleiras, se non se reparaban elementos rotos e se as piscinas naturais parecian charcas para xabaríns, a imaxe que temos hoxe, aínda que pareza mentira é peor. Estamos ante unha imaxe lamentable á par que perigosa deste ben natural do noso concello". "Ós males que xa denunciamos fai semanas, súmaselle agora a falta total de reparacións atopando numerosas vallas rotas e tiradas no chan, basura sen recoller, falta de desbroces e mantemento xeral, falta de rego facilmente visible na gran parte do terreo e o que é máis perigoso, se as piscinas parecían un lodazal para animais agora presentan numerosísimas baldosas rotas e deficiencias no seu firme, o que pode ocasionar que os usuarios, especialmente os máis cativos, cheguen a sufrir considerables cortes no seu corpo. Actualmente máis do 30% da superficie está sin baldosas, as cales están aparecendo esnaquizads no río e no muro de contención", apunta.


Sen luz a zona para caravanas

Os populares falan "dunha imaxe lamentable acollida con asombro polos usuarios desta área recreativa que enfadados e cansos do que se están atopando alí, están deixando de vir e acudindo a outros concellos en busca dunhas instalacións dignas e seguras, algo que está deixando unha moi mala imaxe de Vila de Cruces e unha gran perda económica para os negocios de hostalería, principalmente de Merza". Ademais, alertan que "o pack, complétase cunha zona para caravanas que leva máis de un mes sen servizo de alumeado público, feito que como é loxico, está ocasionando que estes viaxeiros decidan ir para outros lugares mellor acondicionados xa que o equipo de goberno municipal de Vila de Cruces nin sequera se preocupa porque teñan luz".


O grupo da oposición pregúntase que "ata cando imos ter que aguantar esta deixadez completa de funcións do goberno municipal? Ata cando os outros dous grupos políticos municipais que co seu voto e o seu silencio son cómplices necesarios desta situación van a estar calados como se non fose con eles o tema? Ata que pase unha desgraza? Un corte? Recomendamos ó goberno municipal, que se coa súa incompetencia quere

desmantelar e pechar esta área recreativa (os feitos parecen indicar isto) sexan valentes e así o digan publicamente".


Dende o Grupo Municipal Popular, recalcan, "non imos deixar de traballar polos veciños e

veciñas de todo o municipio, sabemos que nós solos temos as mans atadas, pero moitos terán que dar a cara e explicarlle á veciñanza todo este caos no que está sumido o concello, e como acabe pasando unha desgracia ou un accidente, veremos quen asume a responsabilidade e as consecuencias, porque tanta responsabilidade ten quen non fai como quen deixa que non faga".

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page